Boas. Eu xa o vin en acción e é moi bo. Para os que controlan coa terminal e o scripting nada novo, pero para os menos técnicos facilítanos o traballo moito.
Saúdos. 2010/3/23 Fran Diéguez <[email protected]>: > -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > Hash: SHA1 > > Ola a todos, > > veño de empaquetar unhas ferramentas que estou empregando para revisión > das traducións en GNOME e Ubuntu. > Realmente a segunda foi grazas a unha consello de Mr. Bouzada hoxe á > mañá na rolda de Ubuntu. > > Comento a súa función: > > - - GRIL (cando pensei no nome creo que era algo como galician review > nonseique language): básicamente busca nun ficheiro ocorrencias de > grallas típicas de tradución para logo coa lista de erros que mostra na > terminal poder solucionalos co voso aplicativo favorito. > Uso (terminal): gril ruta-ao-ficheiro.po > > - - LASE (coido que o nome era LAunchpad SEarch): un script que busca nos > paquetes de idioma instalados no equipo por unha cadea de texto que lle > pasemos como argumento, cando encontre algunha ocorrencia abrirá o > navegador web preferido na páxina de launchpad do proxecto e co > parámetro como cadea de busca (Tede coidado que abre a repera de lapelas > no navegador). Admite tanto unha cadea simple como unha cadea entre > comiñas. Estou traballando agora en que admita expresións regulares > completas. > Uso (terminal): lase "cadea a buscar", lase colar > > Parar probalos e botarme unha man na mellora dos mesmos podedes > descargar os debs desde: > http://www.mabishu.com/~deploy/localization-tools/ > > PD:Teño pendente escribir os correspondentes manpages para que sexa máis > Debian-packaging-friendly. > > PD2: Tamén teño pendente, cando teña tempo, facer unha interface gráfica > para as dúas ordes. > > PD3: Por último para o GRIL teño pensado facelo máis xenérico de tal > forma que lea as regras desde un ficheiro separado, incluso pensado para > que inclúa regras para distintos idiomas e o gril simplemente ser un > motor de busca. > > Saúdos. > -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > Version: GnuPG v1.4.10 (GNU/Linux) > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ > > iEYEARECAAYFAkupP00ACgkQmLtmJqKk+bgKjQCfQsAU2Q4Tx2ptgdtjRbbVToQO > HpQAn3d4X8vIaJH/3otTj6gIdPzeHECd > =HhjF > -----END PGP SIGNATURE----- > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
