>>> De todas formas, tes centos de cousas para corrixir, moitas "búsqueda" e >>> cousas como "a(s) canle(s)" etc... >> >> Por iso, o interesante é ter unha páxina común onde listar os erros e ir >> corrixindo aos poucos > > Non sei se tería moito sentido, ou incluso se sería moi usable... pero > unha posibilidade podería ser a de rexistrar a "tradución ao galego" > como un proxecto en Launchpad (ademais de como grupo), e utilizar > "Launchpad Bugs" para isto.
Na wiki de Trasno habia unha páxina para isto, pero non creo que sexa usable para varias persoas á vez. O ideal sería poder ir marcando as traducións como erróneas no propio Launchpad e que se avise automaticamente a un certo grupo de tradutores entre os que estarían polo menos os que tocaron dita tradución... incluso estaría ben ver unha lista dos erros comunicados e ter unha especie de interface para xestionalas e ver se se corrixiron, se se consideraron falsos avisos, se non se tocaron... pero para isto haberialles que ir chorar. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
