>> Sinto ser insistente no tema, pero o que remate de traducir e revisar o
>> ficheiro que se preocupe de remitilo ao proxecto orixinal.
>> Eu estou remitindo todos os cambios a GNOME e é un cristo, un marrón,
>> unha putada, chamádelle como queirades.
>> Hai como unhas 400 cadeas cambiadas que hai que ir unha a unha e
>> descargando o ficheiro. Tamén hai que dicir que son máis de 30
>> aplicativos, e polo tanto máis de 30 FICHEIROS.
>
> Iso é unha "matada" de taballo, e polo que dis algo habería que mudar.
>
> Aínda non entendo porque non se traduce nos proxectos orixinais para que
> ubuntu logo recolla ditas traducións.
> Non sería o mellor?

Haberá xente que siga sen enterarse, outra que prefira traballar cunha
ferramenta web (aínda que dende a miña opinión ao final dan máis
traballo e polo xeral dan peor resultado), algunha xente pensará que é
moi difícil traballar con upstream... vai ti saber.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a