Benvido ao Grupo de tradución ao galego, por estes lares tes a xente de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na localización ao galego de Ubuntu.
Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «Dio82 (ourensan)», entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os consensos que temos estabelecidos. Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás atopar información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a traducir. Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que leas. Non esquezas apuntarte na lista do grupo. É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo, etc. Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te inicies moito máis rápido. Unha vez teñamos claro (os admin do grupo) que segues os acordo e que tes un nivel aceptable de galego e de coñecementos da terminoloxía, promoverémoste ao nivel de «tradutor» Ánimo e a facer suxestións. -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://www.documentfoundation.org/foundation/members Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
