Pois creo que non son eu, eu levo apuntado xa uns anos. Ademais xa teño feito algunhas traducciones ainda que non moi boas. Recomendacions mais ben. E de momento non me sinto capacitado para ser un traductor mais polo meu mal dominio do galego.
2013/8/8 Miguel Bouzada <[email protected]> > Benvido ao Grupo de tradución ao galego, por estes lares tes a xente de > diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na > localización ao galego de Ubuntu. > > Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «Dio82 (ourensan)», > entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes > de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións > para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no > caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os > consensos que temos estabelecidos. > > Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso > wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás > atopar > información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un > aplicativo co que poidas comezar a traducir. Aló tamén tes ligazóns a > recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que > leas. > > Non esquezas apuntarte na lista do grupo. > > É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa > que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor > información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo, > etc. > > Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se > traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un > aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará > que te inicies moito máis rápido. > > Unha vez teñamos claro (os admin do grupo) que segues os acordo e que tes > un nivel aceptable de galego e de coñecementos da terminoloxía, > promoverémoste ao nivel de «tradutor» > > Ánimo e a facer suxestións. > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» > http://www.documentfoundation.org/foundation/members > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
