Atopei un pequeno erro ao enviar ficheiros mediante Bluetooth desde o
meu móbil ao computador. Ao recibilos ábrese unha xanela coma a seguinte:

http://pix.toile-libre.org/upload/original/1387039402.png

Como se pode ver aparecen dous botón "Abrir", o da esquerda abre a imaxe
no visor de imaxes e o da dereita abre o cartafol onde se descargou a
imaxe. Buscando co aplicativo lase de Fran lévame ao paquete
gnome-user-share.

https://translations.launchpad.net/ubuntu/saucy/+source/gnome-user-share/+pots/gnome-user-share/gl/+translate?memo=50&start=50

Os dous "Abrir" que aparecen nesa xanela están nas liñas 54 e 55 do
ficheiro. "Reveal" debería quedar como "Abrir cartafol" supoño.


Cambiando de tema, o xestor de perfís de Firefox non está traducido, é
algo que uso desde hai anos e sempre se me pasou comentar (ata agora).
Poño a captura:

http://pix.toile-libre.org/upload/original/1387041294.png

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a