Ola Miguel:

Estivemos revisando o que nos enviaches e co cambio que mandaches 
xéranse problemas cos verbos rematados en -guar.

Proba a poñer deslingüei e deslinguei. Vaiche dar as dúas opcións como 
correctas.

Entón a solución non está en quitar a vogal "u" da regra da liña 279 e 280.

Hai que engadir dúas regras máis abaixo para a excepción da "u" dos 
verbos acabados en -guar para que detecte correctamente a diérese.

As liñas a engadir no aff serían estas:

SFX 201  uar    uei/102,103    [^g]uar
SFX 201  uar    uéi/666,104    [^g]uar

Ademais, debido a isto, hai que modificar onde pon

SFX 201  Y    110    #Primeira_conxugación_regular

e poñer

SFX 201  Y    112    #Primeira_conxugación_regular

Indicando a inclusión de 2 novas regras.

Sobre a colocación do pronome enclítico no verbo haber, ningunha 
obxección, xa o engadimos.

Procedo a actualizar isto nos distintos correctores (OpenOffice.org, 
firefox, etc...).

Cando estea todo actualizado xa avisamos.

Saúdos e graciñas

Miguel Solla escribiu:
> Envío un arquivo de afixos para o hunspell que corrixe dous dos erros
> pendentes na wiki de mancomún:
>
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Discusi%C3%B3n:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
>
> Non vin o tema moi a fondo, pero pareceume que para solventar o dos
> superlativos (só os sintéticos en -ísimo/a(s), pois cando menos algúns dos
> superlaticos en -érrimo si os verifica) faise preciso unha revisión máis
> fonda que inclúe tamén o arquivo co dicionario.
> Aproveito para comentar algunha cousiña que tamén se podería poñer como
> pendente: Hai determinados verbos que non admiten construción reflexiva nin
> recíproca en galego (falecer, casar...) pero que o verificador si que admite
> como válidos.
> Parabéns para mancomún por reverter para a comunidade ferramentas coma esta.
> Alguén se anima a propoñer cousiñas para o fío que se abrira sobre que facer
> co golfiño?
>   

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org

Responderlle a