Boas,

Con respecto ao isto ídelo meter no xmlrcp de mancomun?
Por se teño que actualizar o plugin ou non.

O Mar, 19-08-2008 ás 20:26 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Boas,
> 
> Seguindo o acordado nos consensos do g11n, imos comezar a distribuir os
> recursos lingüísticos xerados polas traducións nas que hai contrataciós
> económicas involucradas. A que xunto ten por obxecto únicamente o de que
> a probedes e comprobedes que o formato, e restantes parámetros técnicos,
> son correctos. Se detectades calquera eiva ou vedes algunha mellora que
> facer, só propoñédea, sen mais.
> 
> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade 
> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, en coherencia cos
> principios xa expostos na rolda g11n e buscando acercar posturas entre
> os sectores máis isolacionistas e os máis reintegracionistas, e ista
> posibilidade que fornecen as nosas Normas semella ser bastante conveniente
> a istes efeitos. 

Isto implica cambiar nas nosas traducións -ble por -bel?? Puff comigo
non contedes para iso, a non ser que haxa alguén que o queira facer o
Gnome queda con -ble.
> 
> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había algunha
> outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me comprometín. 
> Unha
> vez obteñamos o acordo ao respeito, integrarémolo na memória de tradución 
> e
> só nise momento distribuiremos a versión final. O mesmo para o resto das
> traducións que estamos a producir agora mesmo dende Mancomún, básicamente: 
> o
> DVD da PEME máis o que Nacho nos diga que traduzamos de GNOME. E falando de
> GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar, alén de fornecer
> ferramentas e recursos que a iles lles poidan resultar útiles.
> 
> Creo que un bon momento pra poñer os temas lingüísticos pendentes enriba
> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro. É
> importante que sexamos capaces de resolver os flecos pendentes pra poder
> iniciar o proceso de desenvolvemento dos recursos lingüísticos dos que 
> tantas
> veces temos falado (base de datos terminolóxica, pootle e demais).
> 
> Estarei uns días fora, polo que seguramente tardarei algo en respostar.
> Portaivos ben ;-)
> 
> Saúdos e apertas pra tod en s.
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descrición: Esta =?ISO-8859-1?Q?=E9?= unha parte de mensaxe asinada
        dixitalmente
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080819/2939c6f9/attachment.pgp
 

Responderlle a