O Martes 19 Agosto 2008 20:26, suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Dende o ponto de vista lingüístico o único que poderá ser unha novidade
> pra algúns é a substitución masiva de -ble por -bel, [blablabla]

Por min non hai problema, é o que utilizo ;-)

Lembrai que á hora de facer unha substitución masiva (Ctrl+F, ou Ctrl+R), é 
preciso facélo en 10 (dez) pasadas:
able->ábel e outras 4 para as outras vogais,
ábelmente->abelmente e outras 4 para as outras vogais.

Aínda que supoño que a estas alturas xa o saberedes mellor ca min.

> Ademais facer notar que as propostas terminolóxicas que non resultaran
> consensuais (lembro agora mesmo a de pestana/separador, pero había algunha
> outra) deberán ser sometidas a debate público, tal como me comprometín.

As que me veñen á memoria son a de "Tab", e a de "Window".

Adicionalmente, cumpre meter no saco "Peer", que polo visto estades a traducir
mediante a perífrase "elemento do mesmo nivel". Penso que hai que procurar 
unha alternativa menos parafrásica. [1]

E tamén convén revisar "Edit", dado que pode darse algún caso no que lle entre 
mellor un "modificar" que un "editar".

> E falando de GNOME penso en KDE; non se me ocurre cómo axudar,

Estase coa fundación de KDE-España, e recentemente fíxose o chamamento para a 
presentación de candidaturas para a akademy-es.
Por abreviar: que vos podíades estirar, e proporvos para axudar a realizala 
en.... Avilés.
Era bromaaaaa, en A Coruña, Lugo, Fazouro, Viveiro ou Santiago. E se non 
houbese peaxe tamén estaría ben Vigo.

A situación actual de KDE é a que segue, excepto erro ou esquecemento:
-Frente de batalla:
    --- Miguel en Kgeography, Parley (doc, + a revision da gui que isto 
implica indefectibelmente), e koffice.
    --- Xosé en Kdepim
    --- Manuel en Kdeedu, pero só queda kstars libre, e dixo que non se 
atrevía, polo que me metín eu a iso.
    --- Eu, vid supra [2]
-Mantimento:
    --- Eu, en todo excepto en kdepim e koffice.

Fai falla que algunha alma caritativa revise o ficheiro gl.xml que se pode 
achar en docbook.sf.net, no repositorio. É o que contén as traducións 
dos "textos que non escreben os documentadores pero que aparecen no documento 
final".

Polo referente a axudar, sigo ± coa idea que enunciou aacid na reunión: se 
queredes entrar a formar parte do equipo, pois primeiro dicide no que estades 
interesados, e quen é o interlocutor (único) que vai servir de interface. [3]
Como mancomún é un caso especial, posibelmente houbese que estabelecer 
clausulas concretas: ámbito, prazo no tempo, estilo, dicionario, e cousas á 
maneira, que no caso dos voluntarios son segundo o mítico enunciado.

> da mesa e resolvelos é o encontro no que estamos a pensar pra setembro.

vaia, teño que ler mellor o correo, a ver de que vai isto.

> Portaivos ben ;-)

[1]Certo, non sei do que estou a falar.
[2]Á parte de borde, son un esnobe. Borde só o son por veces, do outro non 
teño remedio.
[3]Canto máis tempo adico ás tarefas "de repositorio e kdiff3", menos adico a 
traducir, e a parte antiestresante e a de traducir, non a outra.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a