Ten pouco sentido adicarse a situar pelotas en tellado alleo ou tirar
pedras contra o tellado do veciño, por que ao final o "tellado" da
galeguización do software é o mesmo para tod en s. Por tanto, as pedras que
se tiren contra o suposto "tellado de mancomún" acaban caendo no tellado
de toda a xente que quere empregar software en galego.

Iso non significa que non deban facerse críticas, ou que estas non sexan
lexítimas, claro. Mais é preciso acompañalas de propostas para que
aporten en positivo, pois doutro xeito acaban caendo en saco roto e
provocando problemas que en troques de axudar dificultan a cooperación.

Dito isto, paréceme pouco honesto simplificar o traballo de mancomún no
entrans e dizer que non se fixo nada a prol de resolver a cuestión do
proceso de tradución. A creación desta mesma lista pretendía
precisamente habilitar unha canle de comunicación para que esa posta en
común tivera lugar. Parece que por fin se está a iniciar ese traballo;
lamento que teña que ser neste ambiente de violéncia verbal, mais
superar iso forma parte do proceso. E pola miña parte non teño dúbidas
de que así será.

Saúdos,


mvillarino escrebeu:
> O Venres, 12 de Xaneiro de 2007 20:18, Suso Baleato escribiu:
> > En resumo: que non tes nengunha proposta e que dende trasno non se fixo
> > nada ao respeito.
> >
> > En fin...
> 
> En resumo, que de todo canto se falou naquela reunión, a 
> consellaría/cesga/mancomún non fixo grande cousa.....(*) como para porse a 
> facer nada. Desde o meu pto. de vista, a pelota leva 6 (seis) meses nun 
> tellado que non é o dos tradutores sen nome.
> 
> Nota: o único foi montar o entrans.
> 
> Nota 2: se non tes copia do que se falou aló, pídello a aperezcasas.
> -- 
> Best regards
> MV
> ><((((º> ?.·?¯`·... ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º>
> Public key available at www.keyserver.net
> GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE



> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego


Responderlle a