Leandro Regueiro escribiu:
> 
> Chegados a
> este punto tendo que escoller entre a Ciberirmandade e Trasno, sendo
> Trasno unha asociación creada ex profeso para isto e máis centrada
> nisto (isto vén sendo a tradución ao galego de SL, máis ou menos)
> coido que o lóxico sería que Trasno se debería ocupar de coller os
> proxectos referentes á tradución que levaba Mancomún (ou cando menos
> boa parte deles).
> 

Pero, porque falas de ter que escoller? Insisto, outra vez: a 
ciberirmandade non pretende apropiarse de nada, so poñer unha máquina 
para que todos poidamos seguir participando, cada quen ao seu xeito, 
individual ou colectivamente.

Non entendo esta discusión.


> Embaixo respostas a Minhoca.
> 
>> Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de
>> desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e
>> algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que
>> unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un
>> servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.
> 
> Si houbo reacción. Houbo reacción de xeito individual xa que o que non
> se pode agardar é que fagamos un comunicado como asociación ou algo
> polo estilo sen haber asociación. Lembro que Mancomún nun principio
> non contactou con Trasno por non ser asociación. Esta é unha das
> razóns polas que imos constituír a asociación, para poder parlamentar
> ca administración e que non pasen de nós como se nada.
> 

Non vou discutir sobre a reacción.


Miguel Branco escribiu:
 >
 > - o factor máis "frontista" de CIF (e ollo, non digo que sexa nada
 > "malo"), opino, non beneficiaria a trasno á hora de recrutar xente
 > (xente "reacia" a posturas que se poden entender como máis políticas
 > ca culturais). Poño como exemplo en [*] algunha nova que enlazades que
 > a _algunha_ xente podería botar cara a atrás á hora de colaborar. Non
 > falo de min persoalmente.
 > [*]
 > 
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1047:recebimento-nacional-aos-ex-presos-independentistas-santiago-vigo-e-jose-manuel-sanches-o-sabado-17&catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuarias&Itemid=130

A nova á que te refires non foi publicada en nome da ciberirmandade, 
senon por un dos usuarios da mesma. Cando publicamos cousas en nome 
colectivo, van na parte superior. As demais son as que publica a xente 
libremente (dentro duns límites, evidentemente).

Leandro Regueiro escribiu:
 >
 > +1 pero esqueciches algunha outra razón como a de que se somos
 > asociación temos control absoluto dos recursos o que nos permitiria
 > facer arranxos de forma inmediata e instalar o que nos petara.
 >

E porque supós que non vas ter o control desa máquina? (evidentemente, 
con sentidiño)

-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a