>> E por que imos manter a rolda g11n?
>
> E por que non? Non se demostrou abondo como unha ferramenta de
> coordenación e contacto excelente?

Ter varias listas para os tradutores voluntarios é dividir á xente en
vez de concentrala.

>> Por que un foro?
>
> E por que non? Cantas máis opciós se lle oferezcan á comunidade moito
> millor, non é?

Opcións si, pero o problema da terminoloxía é que non está
centralizada, e os sistemas de discusións actuais teñen carencias. Un
foro non soluciona nada, xa que ten as mesmas carencias, ou máis
aínda. O lóxico sería montar un sistema como o que se propuxo no
G11nv2.

>> Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web.
>
> Aínda non dabondo. Na actualidade hai xa moitas ferramentas de control
> de versiós e coordenación de traballos que permiten a coexistencia de
> aplicativos on-line e off-line. O ámbito da tradución non pode ser unha
> élite, de elixidos que saiban facer de todo. Hai xente con unhas
> competencias técnicas excelentes e lingüñisticas arrepiantes e tamén o
> caso contrario. É normal que os primeiros traballen para lles facilitar
> a participación aos segundos, e en moitos casos iso significa crear
> ferramentas de tradución colaborativa vía web.

Para iso xa temos Launchapd, e dende aí podemos formar a aqueles
tradutores que desexen traducir máis en serio e non só unha cadea hoxe
e outra a semana que vén. Eu aprendín só practicamente, e podo
asegurar que ninguén me indicou como facelo, a non ser a través dos
documentos de "aprende a traducir" de Trasno, e non son unha mente
privilexiada.

>> Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel,
>> pero inclúen a participación de entidades externas nos procesos de
>> decisión periódicos. Por outra parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse
>> á asociación, e evidentemente se non se unen todos non representará
>> a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira.
>
> Ou sexa, que só hai opción de participar diariamente uníndose a Trasno?
> Iso non é moi aberto, precisamente.

Claro que non, quen queira traducir por libre e colaborar na expansión
e mellora dos recursos e ferramentas comúns que Trasno pon e porá a
disposición de todo o mundo sen involucrarse na asociación poderá
facelo. Se se quere participar na asociación evidentemente terá que
ser socio, ou é que vós lle deixades a outra asociación, como pode ser
Galicia Bilingüe, que inflúa no funcionamento da vosa asociación sen
ser socia da vosa asociación?

E por outra banda en que te baseas para preguntar e afirmar o que afirmaches?

>> Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores
>> independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e
>> evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por
>> outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito
>> libre, non terán problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda
>> que non sexan socios.
>
> Evidentemente, se estamos a falar de software libre calquer persoa pode
> beneficiarse do traballo, sexa de Trasno, a CIF, Mancomún, os amigos da
> raza do can de palleiro ou o San Bieito do Lérez...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a