>> Debemos >> ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é >> asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso >> significa sacrificar algunha release intermedia. > > Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha > responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por > coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese > respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro > caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo > do grupo.
Eu tampouco. Só estás pensando no Ubuntu cando non todos os usuarios de Mozilla, OO.org e GNOME son de Ubuntu. >> Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada >> proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que >> estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do >> proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de >> comunicación colectivas. > > Non vexo problema de "ensuciar" as canles de comunicación, simplemente > se informa aos correos interesados. E non se está emporcando nada, simplemente se está comunicando a toda a xente posible. >> Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de >> coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos >> proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén- >> igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme >> nada alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se >> asumín esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e >> dispoñendo de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis >> se ofreceu a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a >> meritocracia será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto >> de código aberto. > > Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento > non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario > dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no > open-source as decisións unilaterais non teñen cabida. Estou de acordo con Fran. O feito de que comentes que non terás en conta as queixas preocúpame, xa que iso é o feedback que lle indica ao coordinador que mellore o seu traballo. Ata logo, Leandro Regueiro