A min eso das vangardas, as elites dirixentes e demais... sóname moito a
dictaduras e sistemas autoritarios. E iso de que os "que están arriba" non
perdan tempo cos que "están abaixo"... en fin... esta é unha visión demasiado
clasista, xerárquica e claramente patriarcal. Non me extraña que a xente fuxa
de nós con esta forma de ver as cousas... non vos dades conta de que é como
un III Reich en miniatura?? Só falta Hitler! 

Eu dende logo manifesto dende xa a miña disconformidade coa implatación dun
modelo nazi para a galeguización de software. Antes que iso pásome ao
español.


Enrique Estevez escrebeu:
> Boas.
> 
> Falando, discutindo e dándolle voltas ao asunto, creo que se podería artellar 
> unha solución basada en consenso e na que cada grupo dos que existen hoxe 
> tome un rol e a partir de ahí crear grupos que coordenen proxectos e darlle 
> unha utilidade tanto a infraestrucutra que está montando na CIF, como as 
> xestións de Trasno e a futuras. E o máis importante, definir o papel dos 
> encontros chamados g11n.
> 
> Eu creo que se debería artellar o tema da tradución en grupos de 
> coordinación. Cada grupo coordinaría un proxecto concreto e os seus membros 
> non deberían estar noutro grupo, salvo colaboracións puntuais para completar 
> o traballo nunha inminente release.
> 
> Falo de artellar algo basado en niveis. Por un lado os expertos en tradución 
> que se encargarían dos proxectos máis relevantes e grandes (pola súa 
> importancia e visibilidade premia a calidade da tradución e que non se perdan 
> release, conseguir o 100% da tradución). Por outro lado, un nivel intermedio 
> de xente que comeza a levar proxectos en solitario, vexase en local ou en 
> liña, pero non moi grandes ou que non forman parte da base do escritorio que 
> emprega o 100% da xente. E por último, un nivel para os principantes, que 
> traducirían en liña, e para a xente que traduce esporadicamente.
> 
> A xente ascende por méritos e vaise gañando a confianza dos que están no 
> nivel superior. Podemos intentar artellar algo como fan cos debian developer 
> ou os MOTU. Isto permite aforrar tempo e esforzos no tema da revisión das 
> traducións e gañase autocoordinación en todos os aspectos que implican a 
> tradución. Pódense ata facer avaliacións periódicas que servan para subir dun 
> nivel a outro. Dar formación a xente que realmente quere ascender e colaborar 
> coa localización.
> 
> A xente que está no primeiro nivel son a vanguardia. Eles van a ser os 
> encargados e estar nos grupos de coordenacón e sacar adiante os proxectos 
> máis críticos.
> 
> Como se reparten os proxectos grandes: GNOME, KDE, OpenOffice, Mozilla 
> Firefox (e derivados), Ubuntu, OpenSuse, OpenSolaris, ... e outros.
> 
> A xente de forma voluntaria organizar grupos, cun coordinador, cunha segunda 
> persoa de confianza na que poder delegar para que se unha non pode, poida a 
> outra, e cun equipo fixo de tradutores a morte co proxecto. Cada grupo 
> presenta o seu equipo, o proxecto que quere levar, como van a funcionar, como 
> van a documentar todo e ata unha data que se comprometen a traballar unidos.
> 
> Quen reparte os proxectos?
> 
> Todos nunha reunión nun encontro do g11n. Aclaranse puntos, datas de traballo 
> e un calendario de entregas que se ten que firmar e pactar coa xente. 
> Chegados a esas datas hai que avaliar o seu traballo e pedir un informe sobre 
> o mesmo. Se eles queren seguir con ese proxecto, terán que traer outra 
> solicitude igual ca primeira na que dirán como van a facer e outra data de 
> compromiso. Se todos os presentes cremos que cumpriron co traballo e que 
> merecen seguir coa coordenación, pois voltase a firmar o novo acordo.
> 
> A xente que está no primeiro nivel, os expertos, non deberían perder o tempo 
> cos novatos, so en momentos puntuais ou se eles queren participar nas súas 
> listas. Deberían ter a súa propia lista, cada nivel de tradutores, e os de 
> arriba si que poden botar unha man aos que saben menos, pero estes non 
> deberían poder participar nelas. Si que poderían lelas, pero non entorpecer.
> 
> A xente se quere subir de nivel e ten capacidades pode. Se un non quere e 
> quere seguir axudando e colaborando cos novatos, pode quedarse ahí.
> 
> O encontros g11n deberían ser para coordinar e definir os grupos que 
> coordinan o traballo e para chegar a consensos no canto de terminoloxía, 
> glosarios, invertir esforzos en deseñar esta ferramenta, etc, ...
> 
> Habería que buscar algo deste tipo. Comezas polo escalafón máis baixo e se 
> queres e tes capacidades podes chegar a participar na tradución dos proxectos 
> grandes, ata coordinalos. Daselle a oportunidade de aprender a xente e de que 
> se lle recompense o traballo. Respetase a xente que leva máis tempo 
> traducindo e que a maiores pode ser un guía ou mentor para os novatos (aquel 
> que queira, xa que hai moitos que pasan desto).
> 
> Pensemos como funciona debian, o kernel linux, ..., habería que buscar algo 
> así. O que está arriba e por méritos e un pode chegar alí se se gaña a 
> confianza do voluntariado. Eu creo que hai proxectos dabondo para todos os 
> expertos que hai hoxe en día ou que se poden considerar así pola experiencia 
> que teñen e que se coordinarmos esto, poderíase opter unidade e captar máis 
> xente para a tradución. Hai que definir bases, olvidarse dos personalismos e 
> falar de grupos: o grupo de gnome, o de KDE, o de ubuntu, ..., e non de quen 
> o coordina, porque hoxe debería estar un e mañá outro. Non se pode meter un 
> ahí e sempre estar o mesmo. Ten que rotar entre os membros do grupo ou 
> chegado o momento pasar o proxecto a outro grupo.
> 
> E con respecto a infraestructura, pois habería que estudiar que se fai. Eu 
> creo que se pode aproveitar todo. Tanto o glossima, como o de Trasno e como o 
> que se está montando na CIF. Cada unha orientada a un nivel diferente ou a 
> unha función diferente. O da CIF para os novatos, polo de dar moitos 
> servizos, como foros, listas, servidores de tradución en liña. O glossima 
> para o tema dos acordos de terminoloxía, glosarios e busca de información. 
> Aquí plasmaríanse os acordos do g11n, tamén ao mellor os relativos aos 
> roadmap dos proxectos, que grupos os están levando e os seus membros. E o de 
> Trasno, pois servizos para os expertos, xa que cada nivel ten os seus 
> servizos. Non sei, son ideas, pero creo que se podería partir dunha base 
> deste tipo.
> 
> Eu lanzo a proposta, a ver se podemos pensar en unificar esforzos entre 
> todos, pensando en todos, nos diferentes perfiles de tradutores que pode 
> haber e de buscar unha forma de meritocracia que nos guíe a todos e que a 
> maioría queira seguir.
> 
> Unha aperta.
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a