Ola de novo,

Outra teoría sobre o dicionario: creo que é unha tradución automática dende o 
inglés, polo menos nas frases de ejemplo. Mirade o exemplo da palabra borracho:
http://gl.w3dictionary.org/index.php?q=borracho

borracho
      n: Unha persoa que bebidas alcohólica.

Eu creo que esto traduciuse de "a person that drinks alcohol."

Ou "glosario":


Glosario
      n: unha lista alfabética de termos técnicos especializados en algunhas
          dominio do coñecemento, xeralmente publicada coma un apéndices dunha 
texto sobre esta materia [syn: (brillo)]



A pouca concordancia dos nomes e adxectivos e a confusión dos verbos por nomes 
faime sospeitar que é unha tradución automática dende o inglés.


Sobre TILP:
O secretario da organización é o director do meu centro de investigación, así 
que si que a coñezo. É unha organización sen ánimo de lucro para 
especialistas/empresas/investigadores no campo da localización. 
Os membros da organización teñen moitos descontos en produtos do sector e 
actividades que se organizan periódicamente, creo que tamén tiñan gratuita a 
revista especializada que publicamos no LRC (pero isto non o sei seguro), 
Localisation Focus.
Agora tamén ofertan uns cursos de especialización en localización. Son cursos 
de 6 semanas on line e unha semana nun centro asociado con TILP, na 
Universidade de Limerick fixéronse hai dúas semanas e volve a haber outro en 
agosto. O prezo do curso varia dependendo da zona do mundo na que se viva (creo 
que valía 200 euros nos países en desenvolvemento e ata 800 nos desenvolvimos, 
pero mellor que consultedes isto nas condicións do curso). Se se supera o curso 
consíguense licencias dalgúns produtos comercias (creo que SDL Trados e Alchemy 
Catalyst, pero mellor que o consultedes). http://www.tilponline.org/clp.shtml

Aproveito isto tamén para facer un pouco publicidade da conferencia que temos 
en setembro (é unha mágoa porque coincide cun curso interesantísimo que se 
organiza en Santiago). Haberá cursos profesionais gratuitos e presentacións 
sobre casos reais. Tratarase o caso da tradución voluntaria, de poñer en 
contacto voluntarios con ONGs, o papel das universidades etc. Podedes ler máis 
na páxina web www.agis09.org.
Teremos presenza galega: Suso Baleato viranos a falar do caso de Mancomun. Por 
certo, un dos cursos gratuitos será impartido por Richard Ishida, o responsable 
de internacionalización do W3C.
Estades todos convidados ;).

Lucía 


-----Original Message-----
From: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-boun...@mancomun.org] On Behalf 
Of Antón Méixome
Sent: 04 August 2009 13:26
To: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Subject: Re: [G11n] Dicionario galego-inglés do w3 consontium

Moitas grazas Lucía. Información valiosa. Estou intrigado e engado máis:

Domain Name: W3DICTIONARY.ORG 
<http://samspade.org/whois?query=W3DICTIONARY.ORG;server=auto> 
Created On: 12-Feb-2009 12: 33: 29 UTC 

Pódese consultar o rexistro completo do dominio ("denominación", debería 
dicirse)

http://samspade.org/whois/w3dictionary.org

Parece un "experimento" efectivamente. O que me chama a atención é que 
apareza o galego entre os 16 idiomas do mundo aos que se aplica. Pero 
aínda é máis excéntrica a lista completa, hai varios idiomas con 
alfabetos non latinos e con direccións de escritura diferente da 
occidental (polo que unha simple transliteración entre idiomas non pode 
funcionar)

Checo
Alemán
Finés
Croata
Tailandés
Indonesio
Albano
Hindi
Chinés (continental)
Chinés (Taiwán)
Galego
Danés
Estonio
Francés
Neerlandés
Tagalo
Inglés
Árabe
Búlgaro

Non está o portugués aquí, pero si no sitio xemelgo? 
http://www.ask-www.net/ onde se poden ver as estatísticas dos 42 idiomas 
escollidos. Neste sitio é onde se aprecia esa especie de corpus sobre o 
que se deben estar construíndo as entradas do dicionario

13
        
gl <http://www.ask-www.net/index.php?lang=gl>
        
21,723
        
2009-08-04 18:08:15
        
? <http://www.ask-www.net/index.php?lang=gl&index=1>


Se é un experimento para construír unha Internet traducida e/ou con 
dicionarios-tradutores automatizados e conseguir situar ben os seus 
resultados en Google ... estalles saíndo fantásticamente ben, tendo en 
conta que polo que intúo na páxina están en pleno desenvolvemento. 
Véxase o que parece número de versión

(-- # 0.0596.2.22 # --)

Desgrazadamente non vexo maneira de contactar, supoño que non están 
interesados aínda que poñan que o contido creado é Creative Commons.

Repito, grazas Lucía tamén pola ligazón e aproveito para preguntarche 
por outra cousa que vin recentemente:

Saberás algo deste "instituto de profesionais da localización" porque 
"cotízanse" caros:

http://www.tilponline.org/

Saúdos,

Antón Méixome




Lucia.Morado escribiu:
> Ola,
>
> Consultei cunha persoa do W3C (World Wide Web Consortium) e díxome que cría 
> que non era deles e que o W3 da páxina debería referirse simplemente á World 
> Wide Web. Tamén me deu o enlace das cousas que teñen en galego dentro do W3C. 
> http://www.w3.org/2005/11/Translations/Lists/ListLang-gl.html 
>
> Hai palabras como "xamón" que non aparecen, ¿pódese tratar dun diccionario de 
> portugués ao que simplemente lle fixeron unha "transliteración" para adaptalo 
> á grafía normativa do galego? Isto é simplemente unha idea miña.
>
> Saúdos,
>
> Lucía
>
> -----Original Message-----
> From: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] On 
> Behalf Of Leandro Regueiro
> Sent: 04 August 2009 11:04
> To: Comunidade de tradución de software libre ao galego
> Subject: Re: [G11n]Dicionario galego-inglés do w3 consontium
>
>   
>> Sabe alguén de onde sae este recurso?
>>
>> http://gl.w3dictionary.org/
>>
>> Resulta moi rechamante un dicionario inglés-galego de máis de 26000
>> entradas, perfectamente estruturadas cada unha, con campo ideolóxico
>> (dicionario ideolóxico, campo no que sería case único) aínda que con moito
>> contido en portugués...
>>     
>
> Por non saber non sei nin de onde sacaches o de que son 26000
> entradas... devolve uns resultados algo raros.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a