Concordo totalmente e, non sendo o caso de comand, como xa lle comentei en
persoa a Antón tratar de definir os termos por contexto cando sexa preciso.

MB

2009/4/15 damufo <damufo en gmail.com>

>
>
> Méixome escribiu:
> > Quixera tratar este termo. Na miña opinión debemos corrixir as
> > traducións realizadas porque se trata dun exemplo clarísimo de "falso
> > amigo" ou ben dun calco do inglés, un barbarismo.
> >
> > En -> gal
> >
> > command -> orde
> > squad/commando -> comando
> >
> > Así, no glosario inglés-galego que, recordemos, era descritivo do que
> > hai nas traducións, temos que
> >
> > run command    <>    executar comando
> > sql command    <>    comando SQL
> > command    <>    comando
> > command line options    <>    opcións de liña de comandos
> > command to execute    <>    comando que será executado    comando para
> > executar
> > unknown command    <>    comando descoñecido
> > command line    <>    liña de comandos
> >
> > Agora é xa o momento de facerlle dar un paso máis a ese glosario inicial
> > e pasar a tratar terminoloxicamente as palabras. Empezo con esta porque
> > me xurdiu o exemplo ultimamente demasiadas veces.
> >
> > Paréceme importante que distingamos entre traballar con traducións
> > (mellores ou peores) e falar de termos. Un termo ten que ir
> > inexorabelmente asociado a unha "noción". Para esa noción, sé é
> > especializada nun ámbito determinado, só pode haber unha forma
> > equivalente. Por outro lado os termos combínanse para producir un
> > enunciado e de aí poder xurdir dúas estruturas: unidades terminolóxicas
> > complexas (UTC) ou ben fraseoloxía (que combina termos e palabras comúns
> > nunha secuencia frecuente e máis ou menos fixa)
> >
> > Por iso hai que distinguir nos exemplos anteriores entre os casos de
> > "command line"  "command to execute", UTC o primeiro e frase o segundo.
> > No primeiro caso só pode haber un equivalente mentres que no segundo
> > pode haber varias válidas)
> >
> > Se concordamos en que comando é unha tradución tan incorrecta
> >
> > Termo
> > "In computing <http://en.wikipedia.org/wiki/Computing>, a *command* is a
> > directive to a computer program acting as an interpreter of some kind,
> > in order to perform a specific task...Specifically, the term /command/
> > is used in imperative
> > <http://en.wikipedia.org/wiki/Imperative_programming> computer languages
> > <http://en.wikipedia.org/wiki/Computer_language>." (Wikipedia)
> >
> > Se o seu uso é un "modo imperativo" coma na linguaxe natural é evidente
> > que o seu valor é de establecer ordes, un mandato.
> >
> > command - orde
> >
> >     UTC
> >     command line - liña de ordes
> >
> > Frases
> >     command to execute - orde para/que executar (sen entrar agora se
> > executar é unha tradución aceptábel para execute e o problema con run
> > command)
> >     run command
> >     sql command
> >     unknown command
> >     command line options
> >
> > En portugués parece optarse por "instrução", mentres en castelán se opta
> > polo calco directo do inglés; en catalán é "ordre"; en francés tamén os
> > tradutores de Oo.org e Gnome optaron por "commande"... vamo, que non hai
> > homoxeneidade que respectar na nosa contorna. Debemos decidir por nós
> > mesmos.
> >
> > En resumo, desde o p.d.v. lingüístico é evidente que a forma máis
> > adecuada sería "orde" pero de nada vale se os tradutores de software non
> > nos concertamos en aplicala de modo sistemático porque iso significa que
> > non somos quen de fixar a terminoloxía informática en galego. Se nos a
> > adoptamos como tradución na "norma técnica" da localización de software,
> > logo poderá vir unha sanción oficial que a convirta en tradución
> > obrigatoria e nun termo estábel. Se adoptamos a estratexia do calco do
> > inglés (comando, con valor de orde) estariamos facendo traducións
> > incorrectas (discutíbeis permanentemente) desde o punto de vista do
> > galego e habería que esperar, décadas, a que a RAG recollese e asumise o
> > valor de "orde" na palabra <<comando>>. Na situación sociolingüística do
> > galego non pode haber comparación entre o que se fai en español ou en
> > francés co que debemos facer en galego.
> >
> > RAG
> > *comando*/s.m./ *1*. /Mil./ Mando militar./ O comando dun navío de
> > guerra./ *2*. /Mil./ Tropa constituída por un pequeno grupo de soldados
> > escollidos para facer incursións ou outras misións especiais en
> > territorio inimigo. /Os comandos creáronse na II Guerra Mundial.
> >
> > Espero ter exemplificado a intención fundamental deste correo que non é
> > a discusión sobre "command" senón contribuír a crear unha metodoloxía,
> > uns criterios de debate en terminoloxía da localización, e dar ese paso
> > adiante que nos falta.
> >
> > Non quero xerar un debate estéril e moito menos descualificar o moito
> > andado pero honestamente considero que o tradutor debe aspirar a ser
> > invisíbel para o usuario do seu traballo e iso só se pode facer cando as
> > solucións son recorrentes e culturalmente adecuadas.
> >
> > Antón Méixome
> >
> > /
> Concordo.
>
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090415/6a6c7d23/attachment-0001.htm
 

Responderlle a