Algunhas cuestións:

O Mér, 15-04-2009 ás 17:53 +0200, Antón Méixome escribiu:
> Grazas Xabier
> 
> Moi interesantes as referencias, hai que telas en conta neste caso. 
> Agora faise máis complicado decidir se optar polo calco ou pola revisión 
> da equivalencia.
> 
> Na miña opinión, nin no Digalego (que se posiciona claramente como un 
> "precursor normativo" e hoxe por hoxe é o mellor dicionario en liña 
> galego) e aínda moito menos en Navegándomos hai unha xustificación ou 
> reflexión sobre esta tradución; a tentación do calco automático é moi 
> alta pero reitero que salvo en inglés o termo non está fixado. De onde 
> saen estas decisións do Digalego?
> 
> Se buscades no TILG <http://www4.usc.es/TILG/index.asp>  verás que non 
> aparece nin un só caso en que comando se refira ao ámbito informático, e 
> as referencias chegan ao 2002...
> 
> Se buscas no Dicionario inglés-galego do SLI da Uvigo  resulta que 
> command tanto pode ser orde, como mandato, mandamento, mando (mandar, 
> esixir, etc...) e commando  só con sentido militar.
> 
> *+ command*, orde /... >>>/ 
> <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=command&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commander*, comandante /... >>>/ 
> <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commander&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commanding*, autoritario /... >>>/ 
> <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commanding&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commandment*, mandamento /... >>>/ 
> <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commandment&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commando*, comando /... >>>/ 
> <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commando&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> 
No dicionario do SLI aparecen certamente esas acepcións, máis
contradinse co propio corpus:
http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=command&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza





> No entanto queda clara a tendencia actual na localización de software... 
> pero que peso lle damos ás distintas fontes galegas para a reflexión 
> sobre terminoloxía? porque unha cousa é sacar unha tradución adiante e, 
> cando menos, procurar ser coherente no traballo e outra é "escribir" 
> unha terminoloxía.

Simplemente comentar:
Navegandomos foi desenvoldido por:
- AS-PG
- CIG Ensino
- Isabel Vaquero (Servizo de Normalización Linguitica da Universidade de
Santiago de Compostela).

Tanto a CIG como a AS-PG son dúas entidades que participan no proceso de
debate da chamada "Norma de Concordia", que aceptan tras a súa
aprobación. 

Isabel Vaquero, con Daniel Romero (coordinador do proxecto), escribiron
tal quez o primeiro libro (de uso social) sobre a Internet en Galiza: Da
"Periferia á Rede", moi implicados co proceso de normalización
lingúistica e TIC naquel momento.
http://openlibrary.org/b/OL22491200M/Da-periferia-á-rede

Lembremos a importancia no seu momento do proxecto (Navegándomos),
participado polos concellos de Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago, Lugo.

Galego21 tamén fai a primeira tradución do Netscape dentro do proxecto
Xis: http://www.galego21.net/xis/quee.htm

Tamén lembrar que Ramón Flores adapta a primeira versión para o galego
do MySpell, aínda que opta pola solución de mínimos pola facilidade que
resultaba a súa adaptación. 
Ramón tamén está en contacto coa xente que desenvolve "A Taiga" (aínda
que non forma parte del) e participaba de Trasno
http://ramonflores.br.tripod.com/

En Galego21 tamén participaba (participa) Camilo Regueira, que
desenvolve dende a súa empresa o tradutor "Traduza":
http://www.dimensiona.com/traduza/trweb/
Utilizado pola empresa R ou o Correo Galego (Agora chamado Galicia
Hoxe). E sen non lembro mal, polo servizo de Normalización Lingüistica
da Universidade de Santiago de Compostela e polo servizo de
Normalización Lingüistica do Concello de Santiago de Compostela; estes
dous últimos datos fagoos de memoria, máis contrastareinos en vindeiros
días).





> 
> Admitir o calco sen pensalo un pouco máis, levarianos a estender este 
> procedemento, ao cal resultaría moi difícil poñerlle límites obxectivos...
> 
> booting > botear ?
> access > accesar ?
> nomination > nominación?
> advice > aviso ?
> 
> Fixémonos en que cando o caso xa está perdido, como caché, xa resulta 
> intuitivamente evidente para todos, porque xa ninguén quere usar 
> "antememoria"; o caso de comando aínda non está nesa fase e por iso 
> pode/debe ser retomado.
> 
> Xa digo, interesa establecer o distinto peso dos criterios e límites 
> para acordar unha terminoloxía. Sempre serán decisións cuestionábeis 
> pero se harmonizamos, documentamos e razoamos dificilmente volveremos 
> sobre o xa andado.
> 
> Antón
> 
> xabier escribiu:
> > -------------------------------------------------------------------
> > Digalego:
> > comando:
> > < ingl command
> > -1 s m INFORM Orde dada ao ordenador para que realice unha acción
> > determinada. 
> > -2 s m INFORM Tecla que se acostuma empregar soa ou en combinación con
> > outras co obxecto de que un ordenador execute unha operación
> > determinada. 
> >
> >
> > port: comando automático
> > cast: comando
> > ingl: command
> > alem: Befehl 
> >
> >
> >
> > ----------------------------------------------------------
> > Navegandomos:
> > http://www.ciberlingua.org/pdf/navegandomos.pdf
> >
> >
> > 1   eitos a ter nos PCs) da máquina á que nos conectamos. Con esta consola
> > podemos executar programas e COMANDOS do sistema operativo, igual que
> > fariamos se tivesemos o ordenador remoto na nosa casa. IRC: O IRC é
> >
> > 2   de arquivos, tanto para collelos da Rede como para envialos. O que fai
> > o FTP é conectarnos mediante COMANDOS específicos cun PC remoto
> > (servidor) en que se aloxan programas xeralmente gratuítos, ou outro
> > tipo        
> >
> > 3   uivos van estar comprimidos, pero o  4 WinRAR cobre case todas as
> > modalidades de descompresión. Os COMANDOS ou ordes FTP poden empregarse
> > directamente desde o MSDOS, pero dada a suposta dificultade desta 
> >
> > 4    e solucionar as súas dúbidas (amosa-a-lingua), e unha rolda de
> > temática xeral (galego21-novas). Os COMANDOS de subscrición e baixa non
> > van no corpo da mensaxe, senón integrados no enderezo. Para
> > subscribírmo        
> >
> > 5   nsaxe en cores seleccionando o texto co cursor, premendo ?Control+k? e
> > marcando a cor. c) No botón ?COMANDOS? temos opcións para
> > incorporármonos a outra canle (?Entrar á canle?), deixar a canle (?Saír
> > da canl     
> >
> > 6   orreo e charlas en liña Daquela, ¿como creamos unha canle para os
> > alumnos? Se prememos no botón de ?COMANDOS? e logo en ?Entrar á canle?
> > teremos que poñer o nome dunha canle que non exista no noso servidor; 
> >
> > 7   us? está un resumo das nosas operacións como administradores da
> > charla. Desde ?Status? podemos usar COMANDOS, por exemplo, para
> > incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO ?/join #cine?. Tamén
> > podemos usa 
> >
> > 8   por exemplo, para incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO
> > ?/join #cine?. Tamén podemos usar COMANDOS desde a xanela dunha canle
> > para facer o que xa vimos: un exemplo, a opción de botar fóra a alguén
> > e   
> >
> > 9   ha canle para facer o que xa vimos: un exemplo, a opción de botar fóra
> > a alguén escrita en forma de COMANDOS é ?/kick #cine alcume?. Se
> > decidimos montar unha charla vainos ser útil quedar cunha copia de todo
> >     
> >
> > 10  reza un novo usuario na canle emite a mensaxe ?Antía, benvida ao
> > concurso de Xanela?). Hai scripts (COMANDOS ou programas) xa feitos, só
> > temos que introducirlles as variábeis que queiramos, é dicir, as mensax     
> >
> > 1   devolve aquelas páxinas en que as palabras que buscamos non están
> > separadas por outras. Trátase dun COMANDO que non está operativo en
> > Altavista, igual ca noutros moitos buscadores. c) Frases É a
> > intersección        
> >
> > 2    a partir da principal intente localizar a información que anda
> > buscando utilizando, por exemplo, o COMANDO ?host?.  4. A Internet
> > invisíbel Tamén chamada INFRANET. Está constituída por unha grande
> > cantidade   
> >
> > 3   la. Desde ?Status? podemos usar COMANDOS, por exemplo, para
> > incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO ?/join #cine?. Tamén
> > podemos usar COMANDOS desde a xanela dunha canle para facer o que xa
> > vimos: 
> >
> > 4   zar todas estas mensaxes o primeiro que hai que facer é crealas, e
> > logo facer o script (o deseño do COMANDO nunha linguaxe de programación,
> > coa orde exacta, que traducida á nosa linguaxe sería como dicirlle: 
> >
> >
> > ---------------------------------------------------------------------------
> >
> > Ramón Flores:
> > http://download1.planetmirror.net/pub/OpenOffice/contrib/dictionaries/README_gl_ES.txt
> > http://ramonflores.br.tripod.com/outros/Siglas.html
> > (facer busqueda comando)
> >
> > ---------------------------------------------------------------------------
> > Busca "linha de comandos" 
> >
> > http://www.google.pt/search?hl=pt-PT&q=linha+de+comandos&btnG=Pesquisa
> > +do+Google&meta=lr%3Dlang_pt&aq=f&oq=
> >
> >
> > .............................................................................
> >
> > ETC.
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> > O Mér, 15-04-2009 ás 13:10 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> >   
> >>> Concordo totalmente e, non sendo o caso de comand, como xa lle comentei en
> >>> persoa a Antón tratar de definir os termos por contexto cando sexa 
> >>> preciso.
> >>>       
> >> Non é por tocar o carallo, pero vou poñer as estatísticas que saco da
> >> base de datos do open-tran (da que non me fío moito, pero algo de
> >> certo terán):
> >>
> >> comando --> 712
> >> GNOME:  197
> >> Inkscape:  1
> >> KDE:  343
> >> OpenOffice.org:  139
> >> SUSE:  23
> >> XFCE:  9
> >>
> >> instrución --> 12
> >> XFCE:  12
> >>
> >> orde --> 7
> >> Debian Installer:  1
> >> GNOME:  4
> >> KDE:  1
> >> SUSE:  1
> >>
> >>
> >> A ver canto tempo nos leva cambiar todo.
> >>
> >> Ata logo,
> >>                     Leandro Regueiro
> >> _______________________________________________
> >> G11n mailing list
> >> G11n en mancomun.org
> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >>     
> >
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >   
> 
> 
> -- 
> Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
> Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
> Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a