Polo que vexo, seguídesvos queixando de que as ferramentas non empregan o
formato
TMX, e é certo, no caso do gtranslator só lle metín soporte para coller un
cartafol
cheo de ficheiros .po e engadilos á memoria de tradución.
Se tanto vos interesa o de ter unha aplicación que soporte TMX se queredes
doulle soporte ao gtranslator.
Máis cousas:

 Integración con pootle? Non creo que sería difícil no caso do gtranslator.


Como desenvolvedor estou aberto a propostas. Se alguén pode coller
baixar o gtranslator, probalo e dicirme qué cousas quere que teña, non creo
que sexa moi complicado implementalo.

Saúdos.

2008/11/1 <suso.baleato en xunta.es>

> Boa noite,
>
> Ahí vai o resumo do encontro, en bruto, tal e como foron xurdindo as
> cuestións. Por suposto, se falta ou sobra algo só tendes que indicalo.
>
> A beta do manual envíovola durante esta finde, que lle pedín a Pedro (o
> noso deseñador) que poña ben o número de versión pra que quede claro iso,
> que se trata dunha beta :-)
>
> A miña percepción da reunión é que foi moi produtiva, que o ambiente foi
> moi positivo, con vontade propositiva e mesmo certa autocrítica. Compre
> destacar a participación da xente da OSL da USC, que non só hospedaron o
> evento senón que mesmo fixeron propostas que con seguridade tomarán forma
> nos próximos meses.
>
> Realmente unha excelente forma de entrar no ano novo céltico. Feliz Samaín!
>
> Saúdos!
>
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
> Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
> Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081101/ce1bfbd7/attachment.htm
 

Responderlle a