Non puiden ir, máis iso non quita que siga a ser o tocapelotas
entremetido que son, e como son algo bocas, aló vai a miña aportación
ex-post (que sempre é máis sinxelo):
Nota: non vai contra ninguén. Se alguén se quer dar por ofendido, que
sexa Baleato ;-)

O voluntariado (ultimamente non me sae a palabra "comunidade")
tradutor de software libre ao galego acha unha serie de dificuldades
que, quitándolles os nomes dos proponentes podemos expresar como:
chegamos até onde nos permiten as ferramentas, e existe unha sombra en
formación da opinión de que aquelo que podan aportar as ferramentas de
tradución para non precisar de coordinadores será positivo (onde
coordinador é o voluntario que ademais de traducir anda ás ostias coas
infraestruturas para desenvolventes, nomeadamente os VCS).
Adicionalmente, as ferramentas fallan en certos pontos que se fixeron
notar, se ben precisamente estas anotacións mostran tamén unha falla
na formación do voluntariado.
Os pontos nos que as ferramentas nos abandonan (que non abandoan, que
é algo que se lles fai ás misses cando reciben o premio), son na
corrección de textos (proofreading) en sentido amplo: corrección
ortográfica, gramatical, glosarial, e semántica, e homoxeneidade na
expresión.
Neste senso hai que mellorar (e non pouco) na formación referente á
utilización das CAT, dado que algunha das deficiencias sinaladas pode
porse en entredito, por exemplo a integración do SCV na CAT (nota:
adicionar wordforge á listaxe de cat, xunto con olt e lokalise), a
consulta ao vivo de traducións en outros idiomas (está en kbabel
através do po-auxiliar, aínda que só para un idioma auxiliar á vez).
No da correción gramatical xa é máis complicado, aínda que
_teoricamente_ poderíamos telo en kde (vale, en calquera, pero o
pology está nos repostorios de kde). Resulta que hai un filtro do
pology que permite pasarlle un corrector gramatical aos ficheiros,
agora ven, resulta que a infraestrutura que emprega non ten
disponíbeis os ficheiros que descreben a gramática do galego. E aquí
chegamos á chave das noces: que sistemas de comprobación gramatical
teñen descrito o galego?
[OT]O pology é unha cousa moi boa que se pode achar en l10n-support.
Ai! cando eu tiña portatil dáballevos moito uso!
Ah! si, fai falla un lugar con bitácoras/blog/blogues para os membros
de trasno (con posibilitade de deixar en petit-comité ou pasar a
portada)

Cona! acabo de baixar un pouco no ficheiro anexo de Baleato, para ler
as cousas das empresas estas e xúrdenme dúbidas:
-Que diferenza hai entre un foro para difundir as oportunidades de
negocio e sinalar que contratos, a que empresas, e por cais importes?
-A integración dos estándares está en camiño, polo menos da banda de
Shafforo e de pootle, e o Hunspell xa é desde hai uns meses a
infra-infra-estrutura ortográfica das últimas versións dos dous
escritorios libres principais.

nota: para quen desexe entreterse un pouco con pootle:
http://www.pcbsd.org:8080/ (é lento de carallo, aviso)

Mágoa non ter máis tempo. A vindeira en fin de semana. Vémonos na akademy-es

Responderlle a