2008/5/13 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
> O Martes, 13 de Maio de 2008, Manuel Souto escribiu:
>
> > Quería facer unha pregunta sobre como consultar os nomes de países,
>  > linguas, xentilicios, etc. utilizados nos produtos localizados que existen.
>
>  En kde tamén aparecen en varios lugares. O mellor para poder consultalos é
>  obter unha copia local do repositorio trunk da lingua gl, e construires unha
>  base de dados de tradución. O resto é aproveitar a base recén construida para
>  facer unha tradución automática dun ficheiro po cos nomes das linguas,
>  paises, etc.
>  En kmymoney tamén hai unha lista extensa, que inclúe os nomes das divisas.

Nas traducións de Mandriva, OpenSuse, Fedora e do Translation Project
tamén hai. No Translation Project podo asegurar que hai varios
estándares ISO completos para traducir de:

- Zonas horarias (creo)
- Linguas
- Cidades
- Paises
- Moedas (ou divisas)

Ademais en proxectos coma Xfce igual hai algo aproveitable. Pode que
me esqueza de máis, pero é que este tipo de cousas están repetidas por
tódolos lados, por iso insistín eu nisto na xuntanza do domingo.

Por outra banda, cando busquei por Internet din con recursos coma a
Galipedia, e con varias listas de nomes de cidades e paises
(incompletas) das que só lembro unha que había en vieiros e creo que
unha nalgures nun sitio da universidade de Vigo. Pero hai máis,
seguro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a