Ola,

Xa temos modificada data co concello de Ordes: queda para o día 16/10.
Síntoo polos que non podes vir co cambio de data :(

En canto ao evento, agora mesmo penso que só podemos pagar o xantar dos que
veñades, a cea non. Todos os que queirades quedarvos a cear, poñemos cada un
do noso peto e busco sitio. Se alguén necesita aloxamento para esa noite
búscolle lugar (barato e decente), que correría ao seu cargo.

Respecto de lugar e como chegar:
-O tren por Ordes pasa a 7km, hai estación. Se alguén vai usar isto
avisádeme con tempo antes para recollervos na estación.
- Hai autobuses cada hora entre Santiago-Coruña que vos deixan en Ordes.

Horarios:
- de 11h a 14h
- descanso para comer de 14h a 16h
- de 16h a 20h

Por favor, vide todos os que andades pola lista e confirmade asistencia
antes do día 12 preferiblemente.

Saúdos!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a