Boas:
Está próxima a saída do Firefox 4
Como tiña que anovar a extensión do corrector de galego fixen unha nova version do paquete en base á version do corrector do openoffice version Miguel Solla. Os que empreguedes o corrector no Firefox ou no Thunderbird apareceravos a actualización á versión 2.2.3 (ao mellor tiña que tela posto como 2.3 ¿?) O caso é que esta versión do corrector é bastante máis pesada (e completa) que a anterior.
Eu levo empregándoa uns días e non apreciei que fose máis lenta.

Calquera comentario ao respecto sempre é benvido.
O texto que agora aparece na descrición da extensión é:

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/

"Galician spellchecking dictionary"
This extension was made for "Proxecto Trasno" 2010
Spellchecker files (gl_ES.aff, gl_ES.dic) from Miguel Solla, also for "Proxecto Trasno".
IMPORTANT : Based on Normative from RAG on 2003

Logo en "More about this add-on"
explico que as versións anteriores están baseadas no corrector desenvolvido por mancomún.

Por certo os de mozilla deben andar liados xa que tardaron uns cantos días en activar (revisar) a extensión.
Que preste!

--
damufo





_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a