Boas:

En 2011/02/17 16:16, Miguel Solla escribiu:
Cap problema, nois!
Por min non hai o máis mínimo problema en que se distribúa (nin en que se modifique, adapte... é software libre), nin moito menos en que o faga Trasno. Cando teña tempo corrixirei uns detalles que non van de todoben (nese momento a ver se llelo envío aos desenvolvedores de Hunspell; iso si estaría ben) e poreime coa documentación das mudanzas (por certo, Antón, inclúen absolutamente todas as liñas do .dic e non só os lemas, que os de antes non se sabía de onde viñan e agora coinciden exhaustivamente coa versión do VOLGa que está on-line, senón tamén a anotación morfolóxica de cada un deles). Hoxe chove aquí, non é habitual. Dá a sensación de estar un pouco máis próximo.
Apertas.
Daquela entendo que ningún problema.

Moitas grazas Miguel!!

2011/2/17 Antón Méixome <cert...@certima.net <mailto:cert...@certima.net>>

    2011/2/17 Xosé <xoseca...@edu.xunta.es
    <mailto:xoseca...@edu.xunta.es>>:
    >
    >> Spellchecker files (gl_ES.aff, gl_ES.dic) from Miguel Solla,
    also for
    >
    >
    > -----> BY Miguel Solla
    >
    >
    > Xosé

    A ver se me explico mellor. É magnífica noticia ter un nova versión
    para FF, Damufo, sei perfectamente que a nova versión é moito mellor
    que a anterior, e todos facemos o mellor que podemos, pero

    Eu tiña a idea de que Solla fixera o traballo sobre o motor de
    corrección, o .aff. Non tocou o .dic pero sobre todo, quero dicir que
    el o ofreceu en probas, para que se probase e se comentase e
    finalmente se considerase a súa distribución cos mínimos erros, ou
    polo menos coas deficiencias avisadas.
    Deu permiso Solla para sacalo á luz pública? Se é así, entón ideal. Se
    non o fixo ata agora pero lle vale a el, tamén perfectamente.

    Agora publícase como un traballo para Trasno, pero Trasno como tal non
    tomou desgraciadamente ningunha iniciativa sobre isto, nin sobre todo
    o que debe rodear a publicación dun corrector tan vital. Anóxame
    especialmente este segundo aspecto como membro de Trasno.



    > _______________________________________________
    > Proxecto mailing list
    > Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
    >
    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a