Boas a todos!

Acabo de suscribirme á lista pois estou interesada en colaborar na tradución de 
aplicativos ao galego. Xa o tentei hai algún tempo, non teño claro que fose 
nesta ou outra lista, pero a cousa non resultou moi productiva. Basicamente 
porque toda a parte técnica se me facía demasiado complexa a non dispoñía de 
moito tempo para "facer probas"...


Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática, e 
preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder colaborar.

Agradezo as vosas respostas!

Un saúdo


Lucía
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a