Un saúdo e benvida!!

Nos podemos dicir o contrario, que non somos tradutores (profesionalmente,
polo menos), e aínda así imos sacando traballo para diante, de modo que non
te preocupes, seguro que non che resulta complicado. E sei que a todos nos
entusiasma a idea de ter a unha persoa que coñece a tradución profesional,
pois é unha oportunidade única de aprender :)

En canto ás formas de colaborar, dependerá un pouco de que estas mais
interesada en traducir... tanto se prefires dedicarte a programas ou
documentación, como a que programas ou proxectos en concreto che interesaría
dedicarte. Sobre iso seguro que te orientará mellor a xente que está a cargo
dos distintos proxectos, así como das distintas alternativas para levar
adiante o traballo (programas específicos para tradución, interfaces web,
manexo de glosarios, etc...), pero podo dicirche que con un par de cousas
básicas te podes poñer a traballar. Nos proxectos que contan con interface
web para a tradución, simplemente é poñerse a elo (podes botar un ollo a
https://translations.launchpad.net/ubuntu/oneiric/+lang/gl/ para facerte
unha idea de como iría). Para traballar en local (na miña idea, mais
produtivo) chega con saber baixar un ficheiro, probar tres ou catro
programas para ver a cal te adaptas mellor, e enviar de volta o traducido
por correo. Despois pode complicarse o que se queira, pero iso é basicamente
o que fago eu :P

Pregunta sen medo, que seguro que ó longo do día van aparecendo os
compañeiros por aquí e che axudan a buscar a forma mais cómoda de colaborar
:)


El 2 de octubre de 2011 11:24, Lucía Paz <lutxinha2...@yahoo.es> escribió:

> Boas a todos!
>
> Acabo de suscribirme á lista pois estou interesada en colaborar na
> tradución de aplicativos ao galego. Xa o tentei hai algún tempo, non teño
> claro que fose nesta ou outra lista, pero a cousa non resultou moi
> productiva. Basicamente porque toda a parte técnica se me facía demasiado
> complexa a non dispoñía de moito tempo para "facer probas"...
>
> Agora a situación é un pouco a mesma. Eu son tradutora e non informática, e
> preguntábame se talvez había algunha forma máis sinxela para eu poder
> colaborar.
>
> Agradezo as vosas respostas!
>
> Un saúdo
>
> Lucía
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a