2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>

> Grazas pola resposta, José Manuel.
> Ping ping, my admin tracked me down ;)
>
> However, como traducirías 'unpingable' se non é algo como "Non se pode
> verificar" e sen deixar a palabra en inglés?
>

e porqué non "non se pode facer (non acepta/admite) unha petición de
eco/retorno de sinal/... ?

Ligar ping e verificación non me parece o máis axeitado, ainda que ao través
dun retorno de ping si se poida facer unha verificación. Máis ainda sabendo
que unha das formas de "crack" máis sinxelas é empregando "ping".


> Un saúdo, Manuel
>
>
> 2009/10/12 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
>
> "Ping" éche unha palabra un tanto peculiar. Eu tiña entendido que
>> "ping" nacera como unha onomatopeia, e mirando na wikipedia
>> (http://en.wikipedia.org/wiki/Ping), parece que algo diso hai (cito):
>>
>> Mike Muuss wrote the program in December, 1983, as a tool to
>> troubleshoot odd behavior on an IP network. He named it after the
>> pulses of sound made by a sonar [...]
>>
>> É dicir, ping chámase ping porque é o "análogo" en computadores ao son
>> que emite un sónar, un sinal que, de obter resposta, indica que aí hai
>> algo.
>>
>> Para traducilo: poooois... podemos poñernos un pouco máis "técnicos" e
>> cambiar ping por "paquete de solicitude de resposta" (como nome), e
>> "mandar un paquete de solicitude de resposta" como verbo, ou obviar o
>> de "paquete"... Pero non sei se isto ía quedar o suficientemente
>> específico como para que se entendera...
>>
>> Persoalmente, "ping" e "facer ping" gústancheme bastante... Pero
>> vaia... non son ningún experto en tradución nin nada.
>>
>> Máis opinións?
>>
>> 2009/10/12, Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
>> > Ola,
>> > Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
>> > 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a
>> maioría
>> > das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como
>> 'aplicar
>> > o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
>> >
>> > Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o
>> que
>> > estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que
>> sexa
>> > clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis
>> técnico.
>> > Encontrei, como verbo:
>> >
>> > ping the host > verificar o anfitrión
>> > ping subnet > contactar coa subrede
>> > ping local subnetwork > procurar na rede local
>> >
>> > No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero
>> non se
>> > especifica se é substantivo ou verbo.
>> >
>> > Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún
>> momento,
>> > ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo
>> > improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de
>> > informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando
>> se
>> > falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
>> > máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación
>> en si
>> > e non tanto o comando que se usa.
>> >
>> > Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
>> > etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando
>> 'ping'?
>> > Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
>> > desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
>> >
>> > Unha aperta, Manuel
>> >
>>
>>
>> --
>> Saúde,
>>
>> Chaves - http://chav.es
>>
>
>


-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a