Grazas, Miguel.

2009/10/12 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

>
>
> 2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>
>
>> Ola,
>>
>> Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
>> 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría
>> das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
>> o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
>>
>> Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o
>> que estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que
>> sexa clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis
>> técnico. Encontrei, como verbo:
>>
>> ping the host > verificar o anfitrión
>> ping subnet > contactar coa subrede
>> ping local subnetwork > procurar na rede local
>>
>> No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non
>> se especifica se é substantivo ou verbo.
>>
>> Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún
>> momento, ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é
>> algo improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte
>> de informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando
>> se falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
>> máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si
>> e non tanto o comando que se usa.
>>
>> Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
>> etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
>> Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
>> desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
>>
>> Unha aperta, Manuel
>>
>
> Eu xuraría que quen pariu a orde "ping" o que fixo foi empregar unma
> onomatopeia...
>
> Unha orde "ping" o que pretende e obter un eco como resposta, as
> características (ou a ausencia) dese eco é a resultante desa orde e os datos
> que fornece ese eco é o que se vai a procesar para obter unha verificación
> (de presencia na rede) dun anfitrión ou da confirmación dunha conexión cunha
> subrede, etc...
>
> De ser preciso traducilo eu traduciriao por algo como "petición de eco",
> "petición de resposta" ... pero creo que a sinxeleza, concreción e o feito
> de que "ping" estea xa tan arraigado faino innecesario.
>
> Neste momento, falemos con quen falemos, novel ou administrador de redes, a
> orde para facer un "ping" non ten dúbidas
>

Vale. A tradición pesa e a brevidade do inglés é práctica.

>
> NOTA:
> Levo días a corrixindo por todolos lados o termo "comando" e substituindoo,
> xa que creo que tódolos comandos, neste momento, están en afganistan
> cabreados.
>

Tes bastante traballo, logo. Falárase deste termo hai meses e creo que non
chegáramos a ningunha conclusión. Nos glosarios de Mancomún e Trasno en liña
segue "comando" como forma recomendada e nos corpus (Logaliza, Open-tran,
etc.) os resultados son esmagadores a favor do "comando", así que esa é o
termo que eu uso cando traduzo e cando reviso.

De novo, que se lles chame comandos aos continxentes en Afganistán non
impide que outras cousas poidan ter o mesmo nome. Negar iso é negar a
homonimia, que é inherente á linguaxe. Ademais, é outro campo de coñecemento
que non ten nada que ver.

Apertas, Manuel

Responderlle a