Pola parte de "culpa" que poida ter en que esteas por aquí, espero ser o
primeiro en darche a benvida! :)

Como xa che comentei, pola túa formación seguramente poidas aportar moito,
así que é unha ledicia sumar unha mais.

Como consello para ir empezando, non teñas presa por abarcar todo de
primeiras, pero tampouco deixes que os detalles te boten para atrás.
Segundo vaias coñecendo un pouco mais o proxecto e poidas decidir que é o
que podes e queres aportar, estaremos aquí para axudarche e guiarte.

Se podes aproveitar a pasar pola Trasnada do sábado, sería unha boa ocasión
para coñecerte e darche a coñecer de primeira man o traballo que se fai, e
se non, cando che cadre ben buscamos un momento para tomar unha cervexa e
explícoche o que precises. Sendo veciños de concello, malo será que non nos
cadre ben algún dia! :)

Un saúdo!!



2013/11/14 María Fosado <m-fos...@hotmail.com>

> Boas!
>
> Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante e
> tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e Interpretación
> na Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para
> Profesorado na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas:
> galego, español, inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas
> favoritas no campo da tradución son a tradución multimedia, a localización
> web e a tradución musical.
>
> Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora
> tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra banda,
> apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer
> desde que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos. 
> Recentemente,
> tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora,
> intérprete e redactora *freelance.*
>
> E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en
> contactar comigo! ;)
>
> Boa noite!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a