Que ben! Preciso de axuda para MuseScore (http://musescore.org/gl), o
software de edición de partituras. Podes ir a

** http://musescore.org/administer-guidelines/translation-instructions para
as instrucións xenéricas (non fagas caso da sección Translate the website
interface)

** https://www.transifex.com/projects/p/musescore/ para traducir o software

Xosé


2013/11/14 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Moi ben vida!
>
> Sería excelente que puideses vir á Trasnada e senón pois xa nos vemos por
> aquí.
>
> Antón Méixome
>
> 2013/11/14 Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>:
> > Pola parte de "culpa" que poida ter en que esteas por aquí, espero ser o
> > primeiro en darche a benvida! :)
> >
> > Como xa che comentei, pola túa formación seguramente poidas aportar
> moito,
> > así que é unha ledicia sumar unha mais.
> >
> > Como consello para ir empezando, non teñas presa por abarcar todo de
> > primeiras, pero tampouco deixes que os detalles te boten para atrás.
> Segundo
> > vaias coñecendo un pouco mais o proxecto e poidas decidir que é o que
> podes
> > e queres aportar, estaremos aquí para axudarche e guiarte.
> >
> > Se podes aproveitar a pasar pola Trasnada do sábado, sería unha boa
> ocasión
> > para coñecerte e darche a coñecer de primeira man o traballo que se fai,
> e
> > se non, cando che cadre ben buscamos un momento para tomar unha cervexa e
> > explícoche o que precises. Sendo veciños de concello, malo será que non
> nos
> > cadre ben algún dia! :)
> >
> > Un saúdo!!
> >
> >
> >
> > 2013/11/14 María Fosado <m-fos...@hotmail.com>
> >>
> >> Boas!
> >>
> >> Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante e
> >> tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e
> Interpretación na
> >> Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para
> Profesorado
> >> na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas: galego,
> español,
> >> inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas favoritas no campo
> da
> >> tradución son a tradución multimedia, a localización web e a tradución
> >> musical.
> >>
> >> Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora
> >> tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra
> banda,
> >> apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer
> desde
> >> que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos.
> Recentemente,
> >> tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora,
> >> intérprete e redactora freelance.
> >>
> >> E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en
> >> contactar comigo! ;)
> >>
> >> Boa noite!
> >>
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >
> >
> >
> > --
> >
> > Xabier Villar
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a