En 05/02/2014 23:25, Adrián Chaves Fernández escribiu:
O Martes, 4 de Febreiro de 2014 11:54:02 Dani escribiu:
E a propósito de gracia, penso que debería ser marcada xa que as
probabilidades de uso nese sentido son mínimas e as posibilidades de que
alguén pense que é aceptada co significado de "grazas" diría son elevadas.
Eu creo que é conferirlle a un corrector ortográfico funcionalidades 
(gramaticais) que non lle corresponden. A solución correcta sería escribirmos 
un corrector gramatical (“galgrammar”?). Pero como iso pode levar bastantes 
anos, non me opoño ao que decida a maioría. Creo que Antón xa suxerira facer 
isto con algunhas palabras.

Boas:
Tamén se pode retirar do corrector como válida polo menos para que chame a atención xa que os casos nos que é correcta son moi poucos.

Dani

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a