Xa vin os ficheiros

O subdominio xa responde correctamente pero o servidor de Xaduin non
carga o index.html

Este tema xa me pasa con varios subdominios. Non entendo por que non funciona.

Mandei unha consulta técnica a ver pero de verdade que me parece un
tema incomprensible porque non é problema de permisos no cartafol. Ten
que haber algún tema especial co panel de administración.





O 20 xaneiro 2016 21:26, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> 2016-01-20 21:02 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> 2016-01-20 11:48 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> 2016-01-19 19:39 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>> Do glosario
>>>>
>>>> GLOSARIO DE TÉRMINOS
>>>> DE PUBLICIDAD Y MARKETING DIGITAL
>>>>
>>>> http://www.smartycontent.com/web/wp-content/uploads/Glosario__IAB_marzo_2012.pdf
>>>>
>>>> Aplett (Aplicación para la navegación)
>>>> Pequeña aplicación de software que utilizan con frecuencia los
>>>> navegadores para mostrar animaciones automáticamente o realizar
>>>> consultas en bases de datos solicitadas por el usuario.
>>>
>>> Aplett é incorrecto. Debería ser «applet», que xa se discutiu e se non
>>> lembro mal xa ten tradución acordada.
>>
>> Si, creo que temos tradución acordada. O erro de escribir aplett é do
>> glosario. Fíxome dubidar que se referise a outra cousa.
>
> Si, a tradución acordada é «miniaplicativo».
>
>
>>> Isto lémbrame que temos que poñer a funcionar de novo a páxina
>>> estática de consulta dinámica de terminoloxía de Trasno. É tan simple
>>> como activar un subdominio e servir o contido estático a través do
>>> servidor web. Antón, miramos isto o fin de semana en media hora?
>>>
>>>
>>
>> Acabo de configurar un novo subdominio termos.trasno.net para poder
>> subir aí o tema do vocabulario. Podes acceder coas claves de Xaduin
>> Miramos esta finde, si.
>
> Acábome de conectar e subín a páxina web e os ficheiros asociados. Non
> son quen de ver se funciona porque parece que termos.trasno.net aínda
> non está dispoñible no DNS. Cando funcione debería verse ao visitar
> http://termos.trasno.net/html_trasnadas.html Unha vez comprobado que
> funciona xa lle cambiaremos o nome a index.html para que vaia
> directamente con http://termos.trasno.net/
>
>
> Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a