Bos días Trasno.net,

  Son Manuel, o técnico de Xaduin que está a traballar sobre a vosa
incidencia da web termos.trasno.net.

  Como subscrito a esta lista lin que estades descontentos co servizo de
hospedaxe de Xaduin e quería demostrar que o servizo estivo activo e
correctamente funcionando estes días.

   Agardo a vosa comprensión por contestar directamente na lista porque o
ser esta conversa pública pode atoparse en buscadores web e dar unha
opinión negativa da nosa empresa.


  Os problemas que tendes na web termos.trasno.net *non* é por mor da
hospedaxe.

  O primeiro erro 403 'Forbiden' que informaba a web era porque o arquivo
'index.html' non existía, esta renomeado como '*idex.html*', isto provocaba
que non atopara o código html e tentara entra na raíz da vosa web.

   -  http://termos.trasno.net/ (Producía Erro 403 'Forbiden' o non existir
   index.html e tentar entrar na raíz da web)
   -  http://termos.trasno.net/ <http://termos.trasno.net/index.html>
   index.html (Producía Error 404 'Not Found'  porque non encontraba o
   arquivo index.html)



  Actualmente para que poidades comprobar que a hospedaxe traballa de xeito
correcto tomeime a liberdade de crear un html correcto como index.html e
demostrar así a correcta configuración da hospedaxe.

  O servizo actual que tendes contratado con Xaduin non contempla
mantementos do código das Webs, polo que non podo axudarvos na creación do
código html.

   Agardo que estas liñas aclaren a situación e confirmar así que o servizo
de Xaduin estivo funcionando correctamente nestes días e non somos os
responsables destas incidencias.

Un saúdo e graciñas por deixarme explicar isto.
  Manuel



2016-01-21 23:09 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:

> Podemos probar
>
> Co traslado, Dinahosting ofrece 3 meses de hosting
>
> Podo reconfigurar o subdominio para que termos.trasno.net cargue a
> páxina estática.
>
> Espero a mañá a ver se hai solución en Xaduín
>
> O 21 xaneiro 2016 20:32, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
> > O 21 xaneiro 2016 13:54, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> >> Isto non o carga
> >>
> >> http://termos.trasno.net/index.html
> >>
> >> Pero isto, si
> >>
> >> http://termos.trasno.net/trasno.html
> >>
> >> http://termos.trasno.net/trasno.php
> >>
> >> Pódese entender? Teñen os mesmos permisos e usuario
> >
> > Ola,
> > Non o entendo. Poderiase arranxar isto co novo hosting?
> >
> >
> > Deica
> >
> >> O 21 xaneiro 2016 09:39, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
> >>> O 21 xaneiro 2016 01:11, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> >>>> Xa vin os ficheiros
> >>>>
> >>>> O subdominio xa responde correctamente pero o servidor de Xaduin non
> >>>> carga o index.html
> >>>>
> >>>> Este tema xa me pasa con varios subdominios. Non entendo por que non
> funciona.
> >>>>
> >>>> Mandei unha consulta técnica a ver pero de verdade que me parece un
> >>>> tema incomprensible porque non é problema de permisos no cartafol. Ten
> >>>> que haber algún tema especial co panel de administración.
> >>>
> >>> Probei onte á noite e o dominio xa funcionaba pero non cargaba nada.
> >>> Hoxe envía un erro 403. A ver se responde rápido.
> >>>
> >>>
> >>> Deica
> >>>
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> O 20 xaneiro 2016 21:26, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
> >>>>> 2016-01-20 21:02 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>>>>> 2016-01-20 11:48 GMT+01:00 Leandro Regueiro <
> leandro.regue...@gmail.com>:
> >>>>>>> 2016-01-19 19:39 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>>>>>>> Do glosario
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> GLOSARIO DE TÉRMINOS
> >>>>>>>> DE PUBLICIDAD Y MARKETING DIGITAL
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> http://www.smartycontent.com/web/wp-content/uploads/Glosario__IAB_marzo_2012.pdf
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Aplett (Aplicación para la navegación)
> >>>>>>>> Pequeña aplicación de software que utilizan con frecuencia los
> >>>>>>>> navegadores para mostrar animaciones automáticamente o realizar
> >>>>>>>> consultas en bases de datos solicitadas por el usuario.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Aplett é incorrecto. Debería ser «applet», que xa se discutiu e se
> non
> >>>>>>> lembro mal xa ten tradución acordada.
> >>>>>>
> >>>>>> Si, creo que temos tradución acordada. O erro de escribir aplett é
> do
> >>>>>> glosario. Fíxome dubidar que se referise a outra cousa.
> >>>>>
> >>>>> Si, a tradución acordada é «miniaplicativo».
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>>> Isto lémbrame que temos que poñer a funcionar de novo a páxina
> >>>>>>> estática de consulta dinámica de terminoloxía de Trasno. É tan
> simple
> >>>>>>> como activar un subdominio e servir o contido estático a través do
> >>>>>>> servidor web. Antón, miramos isto o fin de semana en media hora?
> >>>>>>>
> >>>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>> Acabo de configurar un novo subdominio termos.trasno.net para poder
> >>>>>> subir aí o tema do vocabulario. Podes acceder coas claves de Xaduin
> >>>>>> Miramos esta finde, si.
> >>>>>
> >>>>> Acábome de conectar e subín a páxina web e os ficheiros asociados.
> Non
> >>>>> son quen de ver se funciona porque parece que termos.trasno.net
> aínda
> >>>>> non está dispoñible no DNS. Cando funcione debería verse ao visitar
> >>>>> http://termos.trasno.net/html_trasnadas.html Unha vez comprobado que
> >>>>> funciona xa lle cambiaremos o nome a index.html para que vaia
> >>>>> directamente con http://termos.trasno.net/
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> Deica
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>



-- 
   Manuel Montesinos Miguélez
                        Xaduin - Ingenieria del Software
                        man...@xaduin.com
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a