[G11n] Miñas dúbidas con respecto a centralización

2009-10-14 Conversa Enrique Estevez
Boas a tod en s.

Non sei como dicir esto é que nadie o tome mal ou non levantar ampollas. Vou ir 
por puntos:

1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
software + contidos libre ao galego?
A xente realmente quere esto. Hai unha persoa ou varias que se van a adicar a 
coordinar todo o traballo do voluntariado. Pero falamos de estar ahí, todos os 
días, ao pé do cañón. Hoxe non podo que teño outras cousas, ou non me apetece, 
..., aqui fai falta constancia. Alguén que se mova, que faga de interlocutor 
cos diferentes proxectos (gnome, kde, firefox, openoffice), que fale cos 
tradutores, que os coordene, que atenda as súas peticións, ... alguen ao que 
lle habría que pagar por realizar esa función. Alguen que estea a tanto de 
cando sae unha nova versión, que organice un grupo para traducila, outro para 
testela e que consiga que vai integrada na versión oficial o día do lanzamento.

2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
roldas.
Non entendo moito disto, pero Ubuntu ten plataforma, openoffice tamén ou agora 
teñena a través do cti e non so para openoffice, senón para Opensolaris, 
Netbeans, ... firefox creo que tamén ten algo polo menos para os complementos, 
... e o resto terá algo, digo eu.
No caso de gnome seguro que che crean rolda para o teu idioma, igual que en 
openoffice e produtos sun.
Ten sentido gastar cuartos e centralizar todo cando se pode tirar da súa 
infraestructura?
Por indepedndencia sip, pero non sei se seremos capaces.

3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
libre + os contidos.
Como vedes eu soio falo de software libre, non meto software privativo pero ao 
mellor hai xente que quere metelo. Seguro que tamén é unha fonte de debate este 
tema e no que non creo que atopemos consenso.
Temos tempo para montar unha nova organización, coordinarnos e chegar a 
consenso e olvidarnos das nosas leiras particulares e traballar todos a unha. 
Creo que non e ao mellor é bo que existan todas esas leiras e que cada un 
traduza e se encargue do seu pequeno ego e dos seus proxectos. Esto é algo que 
facemos por voluntariado, por ilusión, porque queremos e seguro que non 
queremos que nadie me diga o que teño que facer, cando ou como, e anque 
soamente sexan suxerencias. Todos van crer que se meten no seu terreo.

4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
Porque aglutinar todo nun sitio ou baixo o paraugas de unha asociación. Haberá 
xente que o vexa ben, haberá xente que non e haberá xente que vaia por libre. 
Creo que non se poden mesturar cousas. No caso de Trasno, pois unha redacción 
de estatutos nos que non tes moita marxe de modificación non vai aportar nada. 
Poderíase montar o tema en trasno ou en ciberirmandades ou dentro dun ggul, 
sempre e cando se redactara un documento de réxime interno que rixa todo o que 
non ven nos estatutos (que a verdade, non din nada, nin se pedir subencións ou 
non, nin o que queirades, simplemente comentan catro cousas básicas de funcións 
e responsabilidades e de como facer a burocracia, pero de réxime interno non 
din nada). Pero quen redacta iso, quen o aproba, cando nos reunimos, cando ... 
pensado que non hai tempo, xa bo é que quitamos tempo para traducir, uns máis 
ca outros pero todos lle adicamos tempo libre ao que nos gusta.

E xa para rematar, o tema de montar unha infraestructura pero non de roldas, 
senón na que se poida un baixar tbx, tmx e ata traducións dos proxectos está 
moi ben e ata un lugar no que alguen ou varias persoas poidan revisar as 
traducións tamén, pero estar todos ahí e todos os proxectos porque si, sen un 
fin, sen un consenso, sen realmente intentar abarcar a todos, pois non sei eu. 
Eu vou a seguir traducindo e como fixen ata agora, intentarei ser o máis 
preciso, respetar os acordos aos que se cheguen en terminoloxía e a buscar a 
máxima calidade nas traducións, cando non sepa preguntarei e cando teña algo 
feito, pois enviareillo ao desenvolvedor do proxecto ou ao grupo que se 
encargue de coordinar ese proxecto, sen máis, sen esperar nada a cambio, so que 
os aplicativos vaian en galego.

Creo que como sempre comezamos a casa polo tellado e non vamos a chegar a 
consenso e espero que polo menos non se enfade nadie e non perdamos tradutores, 
que non sodes moitos. Eu aínda non me considero un tradutor, son un ocasional 
que a veces fai algo, pero sen moita constancia.

Unha aperta.


[G11n] Miñas dúbidas con respecto a centralización

2009-10-14 Conversa Leandro Regueiro
 1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
 software + contidos libre ao galego?

Ninguén falou de centralizar ningún proceso senón de crear algo que
poña en comunicación aos voluntarios, que lles dea apoia, axuda,
indicacións, todo o que lles faga falta para que traduzan tal como se
fixo ata agora (mellorando o mellorable, claro).


 2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
 roldas.

E seguiremos a traballar cos respositorios e lendo participando nas
roldas de tradución cando sexa necesario.

O de ter roldas por idioma dentro dun proxecto pois non o vexo
necesario en moitos casos, a cousa ten que implicar realmente a moita
xente para ter que chegar a ese extremo. Penso que mentres o mellor é
ter unha rolda para pór en contacto a todos os tradutores de todos os
proxectos (ao estilo Trasno).

E sen centralizar algo a cousa é para que a xente non se esparexa, que
se coordine, que se comunique, e para que todos fagamos avanzar todo
isto.

 3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
 apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
 software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
 libre + os contidos.

Concordo. Os estatutos da asociación de Trasno deseñáronse ca idea de
que a asociación faría todo o posible por axudar aos tradutores, sexan
quen sexan. Tal como se redactou o funcionamento real dos proxectos
será como ata agora (leiras) só que a asociación poderá algúns
recursos e beneficios adicionais aos tradutores.


 4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...

Porque senón terminaremos descoñecendo aos outros, e deste xeito
facilítase a colaboración, a non duplicación de esforzos, o
intercambio de voluntarios, facilítase o atopar a túa propia leira,...

Como falamos esta semana de consenso, cando levamos discutindo o da
asociación de Trasno dende hai case 10 ou 11 meses de xeito aberto.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] Miñas dúbidas con respecto a centralización

2009-10-14 Conversa Suso Baleato
Creo que coincido prácticamente en todo co que expós, Leandro, aínda que
algunhas cousas só as intúo. Unha matización importante: cando se fala de
proceso aberto, fálase de rolda aberta, con arquivo públicamente accesibel,
de xeito que calquera persona, membro ou non de trasno poida participar no
proceso e opinar sobre o estatuto, e modificar o texto como se decida.

Corríxeme se me equivoco (e pido desculpas por anticipado en tal caso) pero
aínda non alargastes os estatutos a traverso desta rolda, que é onde estamos
todos e todas, e que eu saiba (como me fulminaron a conta da Xunta e tal
igual perdín correos) tampouco se discutiu eiquí nada sobre nome, cargos,
subvencións e demais; o único que sabemos é o que nos acaba de contar Marce.

Vaia por diante que non é un reproche: por suposto se preferides seguir
mantendo o tema dos estatutos dentro do círculo de Trasno tedes todo o dereito
do mundo: maís que ninguén vaia confundir as cousas, por que entón estaredes
montando a asociación de trasno, non a asociación global da localización en
galego da que falaba Miguel, son cousas moi distintas.

En todo caso, lóxicamente é unha decisión que tendes que tomar vós, e non vou
ser eu quen vos insista nin nun sentido nin noutro. Ademais, como xa dixemos,
non hai presa.

Vou pra xuntanza; e a respeito disto unhas notas que acaba de enviar Susana:

   * A porta dianteira da facultade está en obras, así que hai que entrar
   pola de
   atrás. A sala de videoconferencias está no primeiro andar, subindo polas
   escaleiras á dereita até o final do corredor e despois á esquerda. Vou
   poñer
   algún folio impreso indicando o camiño. De subirdes no ascensor tedes que
   seguir o corredor en dirección oposta aos ascensores e no final virar á
   esquerda.

   * Os coches: dende San Caetano (tomo isto como referencia por ser ben
   coñecido) hai que baixar pola Avenida de Castelao (a que segue xusto en
   dirección oposta aos edificios da Xunta) até o final case. A facultade de
   Filoloxía é un edificio gris alongado de hormigón con pequenas fiestras
   que
   lle dan un certo aspecto de colmea. Está ao lado de Xornalismo, frente ao
   barrio de Vite.

http://maps.google.com/maps/ms?msa=0msid=116057552379209965638.00046e56c238581c7a5c6



Leandro Regueiro escrebeu:
  1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
  software + contidos libre ao galego?
 
 Ninguén falou de centralizar ningún proceso senón de crear algo que
 poña en comunicación aos voluntarios, que lles dea apoia, axuda,
 indicacións, todo o que lles faga falta para que traduzan tal como se
 fixo ata agora (mellorando o mellorable, claro).
 
 
  2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas 
  súas roldas.
 
 E seguiremos a traballar cos respositorios e lendo participando nas
 roldas de tradución cando sexa necesario.
 
 O de ter roldas por idioma dentro dun proxecto pois non o vexo
 necesario en moitos casos, a cousa ten que implicar realmente a moita
 xente para ter que chegar a ese extremo. Penso que mentres o mellor é
 ter unha rolda para pór en contacto a todos os tradutores de todos os
 proxectos (ao estilo Trasno).
 
 E sen centralizar algo a cousa é para que a xente non se esparexa, que
 se coordine, que se comunique, e para que todos fagamos avanzar todo
 isto.
 
  3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
  apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é 
  o software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do 
  software libre + os contidos.
 
 Concordo. Os estatutos da asociación de Trasno deseñáronse ca idea de
 que a asociación faría todo o posible por axudar aos tradutores, sexan
 quen sexan. Tal como se redactou o funcionamento real dos proxectos
 será como ata agora (leiras) só que a asociación poderá algúns
 recursos e beneficios adicionais aos tradutores.
 
 
  4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
 
 Porque senón terminaremos descoñecendo aos outros, e deste xeito
 facilítase a colaboración, a non duplicación de esforzos, o
 intercambio de voluntarios, facilítase o atopar a túa propia leira,...
 
 Como falamos esta semana de consenso, cando levamos discutindo o da
 asociación de Trasno dende hai case 10 ou 11 meses de xeito aberto.
 
 Ata logo,
   Leandro Regueiro
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/


[G11n] Miñas dúbidas con respecto a centralización

2009-10-14 Conversa Suso Baleato
Concordo tamén na maior parte. Supoño que entre todos teremos que ir dándolle
resposta a todas esas dúbidas. 

Esa é a vantaxe de traballar colectivamente.

Agora sí, desconecto.

Enrique Estevez escrebeu:
 Boas a tod en s.
 
 Non sei como dicir esto é que nadie o tome mal ou non levantar ampollas. Vou 
 ir por puntos:
 
 1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
 software + contidos libre ao galego?
 A xente realmente quere esto. Hai unha persoa ou varias que se van a adicar a 
 coordinar todo o traballo do voluntariado. Pero falamos de estar ahí, todos 
 os días, ao pé do cañón. Hoxe non podo que teño outras cousas, ou non me 
 apetece, ..., aqui fai falta constancia. Alguén que se mova, que faga de 
 interlocutor cos diferentes proxectos (gnome, kde, firefox, openoffice), que 
 fale cos tradutores, que os coordene, que atenda as súas peticións, ... 
 alguen ao que lle habría que pagar por realizar esa función. Alguen que estea 
 a tanto de cando sae unha nova versión, que organice un grupo para traducila, 
 outro para testela e que consiga que vai integrada na versión oficial o día 
 do lanzamento.
 
 2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
 roldas.
 Non entendo moito disto, pero Ubuntu ten plataforma, openoffice tamén ou 
 agora teñena a través do cti e non so para openoffice, senón para 
 Opensolaris, Netbeans, ... firefox creo que tamén ten algo polo menos para os 
 complementos, ... e o resto terá algo, digo eu.
 No caso de gnome seguro que che crean rolda para o teu idioma, igual que en 
 openoffice e produtos sun.
 Ten sentido gastar cuartos e centralizar todo cando se pode tirar da súa 
 infraestructura?
 Por indepedndencia sip, pero non sei se seremos capaces.
 
 3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
 apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
 software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
 libre + os contidos.
 Como vedes eu soio falo de software libre, non meto software privativo pero 
 ao mellor hai xente que quere metelo. Seguro que tamén é unha fonte de debate 
 este tema e no que non creo que atopemos consenso.
 Temos tempo para montar unha nova organización, coordinarnos e chegar a 
 consenso e olvidarnos das nosas leiras particulares e traballar todos a unha. 
 Creo que non e ao mellor é bo que existan todas esas leiras e que cada un 
 traduza e se encargue do seu pequeno ego e dos seus proxectos. Esto é algo 
 que facemos por voluntariado, por ilusión, porque queremos e seguro que non 
 queremos que nadie me diga o que teño que facer, cando ou como, e anque 
 soamente sexan suxerencias. Todos van crer que se meten no seu terreo.
 
 4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
 Porque aglutinar todo nun sitio ou baixo o paraugas de unha asociación. 
 Haberá xente que o vexa ben, haberá xente que non e haberá xente que vaia por 
 libre. Creo que non se poden mesturar cousas. No caso de Trasno, pois unha 
 redacción de estatutos nos que non tes moita marxe de modificación non vai 
 aportar nada. Poderíase montar o tema en trasno ou en ciberirmandades ou 
 dentro dun ggul, sempre e cando se redactara un documento de réxime interno 
 que rixa todo o que non ven nos estatutos (que a verdade, non din nada, nin 
 se pedir subencións ou non, nin o que queirades, simplemente comentan catro 
 cousas básicas de funcións e responsabilidades e de como facer a burocracia, 
 pero de réxime interno non din nada). Pero quen redacta iso, quen o aproba, 
 cando nos reunimos, cando ... pensado que non hai tempo, xa bo é que quitamos 
 tempo para traducir, uns máis ca outros pero todos lle adicamos tempo libre 
 ao que nos gusta.
 
 E xa para rematar, o tema de montar unha infraestructura pero non de roldas, 
 senón na que se poida un baixar tbx, tmx e ata traducións dos proxectos está 
 moi ben e ata un lugar no que alguen ou varias persoas poidan revisar as 
 traducións tamén, pero estar todos ahí e todos os proxectos porque si, sen un 
 fin, sen un consenso, sen realmente intentar abarcar a todos, pois non sei 
 eu. Eu vou a seguir traducindo e como fixen ata agora, intentarei ser o máis 
 preciso, respetar os acordos aos que se cheguen en terminoloxía e a buscar a 
 máxima calidade nas traducións, cando non sepa preguntarei e cando teña algo 
 feito, pois enviareillo ao desenvolvedor do proxecto ou ao grupo que se 
 encargue de coordinar ese proxecto, sen máis, sen esperar nada a cambio, so 
 que os aplicativos vaian en galego.
 
 Creo que como sempre comezamos a casa polo tellado e non vamos a chegar a 
 consenso e espero que polo menos non se enfade nadie e non perdamos 
 tradutores, que non sodes moitos. Eu aínda non me considero un tradutor, son 
 un ocasional que a veces fai algo, pero sen moita constancia.
 
 Unha aperta.
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org