[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa mvillarino
  *caché  cache [5]

 Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
 remata en vogal?
 debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta
 corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en
 ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma
 barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a
 norma para máis detalle, apartado. 2.6)

Será o mesmo caso que elite?

  *axir
 Que demo é isto?
 eu tampouco teño nin idea, que mo expliquen!!. creo que é un lusismo collido
 de 'agir'

Como xa dixen, axir é unha que se me pasou cando transliteraba desde o
portugués, e significa reaccionar quimicamente, entre outras cousas.

  *inicialización  inicio/arrinque [14]
 vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en
 programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o
 programa', pois iso é o que quere facer.
, vale, pero debemos procurar un vocábulo para (/ ter coidado con)
a acción de devolver un programa á configuración predeterminada, e
non empregar a palabra iniciar para cousas que queirar dicir comezar a
facer algo.

  *invertir  inverter
 Cando non é investir.
 non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de
 investir.
Si. cando aparece o castelanismo invertir*, pode ter que corrixirse
tanto a inverter como a investir, segundo o significado orixinario no
inglés.

  *voltar  volver
 E voltar xa non se acepta??
 non

Fagamos campaña a prol de voltar!

  *filtraxe  filtrado
  ou filtración?
 Eu penso que mellor usar sempre filtración.

 home aquí igual Méixome nos pode ilustrar cos substantivos rematados en -axe,
 pero penso que é un sufixo de uso --limitado-- no galego, a casos como
 homenaxe, liñaxe, viaxe...

@MEIXOME: que dis?

[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa Antón Méixome
mvillarino escribiu:

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

A ver, a miña opinión

cache ? 
en inglés non leva acento, obviamente. Nese sentido é parecido ao 
galicismo elite, que é agudo orixinalmente. Os angliscismos adoitan 
incorporarse como palabras graves, non sempre. É certo que en galego se 
pronuncia caché. Non hai decisión normativa. Creo que debera acentuarse.

*axir 
é un lusismo. De agir reaccionar, contestar

inicialización 
é mellor que signifique configurar/volver á posición inicial e non 
arrancar/arrincar/lanzar/executar...

inverter/investir 
creo que me perdín... pero está claro que o inglés invest = 
investir; e invert = inverter, reverter

volver/voltar 
ir e logo volver... non voltar (que significa dar a volta coma ás 
tortillas... hum!! son horas de xantar...)

*filtraxe 
a derivación natural como substantivo de filtrar é filtración. 
Secundariamente o adxectivo filtrado tamén pode ser usado como 
substantivo. O de filtraxe, véxoo innecesario e incorrecto. Os 
substantivo en -axe adoitan ser palabras  antigas de orixe provenzal, 
limitado a un certo número de palabras, si, pero hai gustos para todo 
como a diferenciación que algúns fan entre listado(acción ou efecto de 
listas)/listaxe(lista) mais só é castelanismo utilizar listado no 
sentido de relación *o listado de asistentes/a lista de asistentes. Eu 
non vexo diferenza entre lista e listaxe. Sabedes por certo que ademais 
de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é masculino.

resumindo= filtración
:-)

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090109/f41fdf27/attachment.vcf
 
[G11n] Revisión

2009-01-09 Conversa mvillarino
2009/1/9 Antón Méixome meixome en mancomun.org:
 É certo que en galego se
 pronuncia caché. Non hai decisión normativa. Creo que debera acentuarse.

 inicialización 
   é mellor que signifique configurar/volver á posición inicial e non
 arrancar/arrincar/lanzar/executar...

 volver/voltar 
   ir e logo volver... non voltar (que significa dar a volta coma ás
 tortillas... hum!! son horas de xantar...)

Vale, é que iso de que non apareza no digalego, nen no volga, 

 limitado a un certo número de palabras, si, pero hai gustos para todo como a
 diferenciación que algúns fan entre listado(acción ou efecto de
 listas)/listaxe(lista) mais só é castelanismo utilizar listado no sentido
 de relación *o listado de asistentes/a lista de asistentes. Eu non vexo
 diferenza entre lista e listaxe.

Entón, a ver, que o que se perde agora son eu, tomando lista no
sentido de lista que ten en LISP, isto é:
===EXEMPLO===
1 ducia de ovos,
1 caixa de leite,
1/2 kg de bistés (de cocho)
1 bote de líquido das lentillas
3 paquetes de madalenas leader price
...
===FIN DO EXEMPLO===
cales das seguintes palabras son do seu mesmo campo: lista, listaxe,
listado, listar, list... ?

 Sabedes por certo que ademais de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é 
 masculino.

Aquí, e cando digo aquí quero dicir na casa dos pais, dise A balaxe,
se nos estamos a referir a que o mar ten moitas ondas. Exactamente
canto é dificil de dicir: algo menos de marexada, o grau xusto para
que a non ser que haxa moita necesidade sexa mellor non sair ao mar.

Non esquezamos unha das grandes verdades do noso tempo:
En Galiza todo é paisaxe... menos paxe, traxe e garaxe.