[G11n] Tradución de google

2008-06-09 Conversa Xosé
Alguén sabe quen leva a tradución da interface de google?

Xosé

[G11n] Tradución de google

2008-06-09 Conversa Leandro Regueiro
Hai unha semana comenteille a Tarrío se podia mirar un momentiño se
podia botar a cousa adiante xa que está en Google e non me respondeu.
Polo que eu sei a interface do Gmail leva anos rematada, pero non
aparece na lista de idiomas. En google groups habia un fío no que unha
ducia de mensaxes pedian que se activara a tradución dunha vez, pero
diso xa hai anos, e cando o busquei hai menos dun mes non me apareceu
por ningures...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

2008/6/9 Miguel Branco mgl.branco en gmail.com:
 Eu colaborei hai tempo, pero o proceso é espontáneo. A tradución é online,
 tendo unha conta de gmail.

 Dubido de que a tradución estea organizada. Pregunta no 'google groups'; hai
 un de tradutores e supoño que haberá algún de galego.

 On Monday 09 June 2008 17:29:59 Xosé wrote:

 Alguén sabe quen leva a tradución da interface de google?

 Xosé

 ___

 G11n mailing list

 G11n en mancomun.org

 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

[G11n] Tradución de google

2008-06-09 Conversa Miguel Solla
A tradución do Google ao galego, ata onde eu sei, faise en liña (chega con
ter conta en gmail e rexistrarse como tradutor de galego). Eu andei hai un
par de semanas traducindo cadeas novas que aínda non estaban en galego e
editando (corrección ortográfica e estitilística) algunha das cadeas xa
traducidas e avanzando un pouquiño na tradución de google groups. Pero un
pouco rollo: non hai xeito de ver como queda a interface ata que, días máis
tarde, Google as actualiza (por certo, seguro que na revisión metín serios
gazapos, pero nin está finalizada nin Google permite todo o que poida
parecer, co cal o choio tamén se complica). Ademais, hai cadeas nas que non
acepta cambios, pese a que o intentes reiteradas veces. Así, aínda que
trates de darlle coherencia a certas solucións (como por exemplo o verbo
volver substituíndo a voltar), en determinadas cadeas, Google non acepta
estas mudanzas.
Se queredes pódense copiar estas cadeas da interface e envialas nun correo a
esta lista...
A verdade é que, pese a que Google non é software libre, é un referente para
calquera usuario e molaba ter unha tradución galega da interface que
superase mesmo a doutras linguas (por certo, a tradución ao castelán non é
un proxecto aberto a voluntarios). Problemas: técnicos (a propia interface
de tradución, non saber se os cambios se van aplicar ou non...), a extensión
(a interface de Google medra continuamente con novos produtos [probade a
navegar coa interface en inglés e xa veredes]). Ofrecen a tradución de
produtos directamente comerciais (Adwords...) e ten pinta de que non lles
agrada aumentar os servizos en determinadas linguas mentres non se lle
ofreza a Google un aumento na tradución destes servizos (non o sei, pero dá
a sensación de castiga porque a tradución de Adwords cara ao galego está
ao 0%, GoogleGroups ao corenta e tantos...).
Non sei se mancomún pode ofrecer máis información sobre a xestión da
tradución de gmail ou se pode haber medidas de presión para que solten as
cadeas en .po.
Se cadra tamén algunha empresa lle podía facer unha proposta a Google de
traducirlle a interface ao galego. Estará Google en disposición de soltar un
can para contribuír coa normalización lingüística do país? Pódeselle ofrecer
datos sobre o uso do galego na publicidade e no comercio... Igual se pode
facer unha proposta máis institucional... ou meterlles as cadeas ao/ás
bolseir en s do Termigal...

2008/6/9 Xosé xosecalvo en gmail.com:

 Alguén sabe quen leva a tradución da interface de google?

 Xosé
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080609/7ef6f528/attachment.htm
 
[G11n] Tradución de google

2008-06-09 Conversa Leandro Regueiro
A idea de conseguir as traducións feitas nun formato aproveitable
estaría ben. Alguén pode ir falar con Sergei e Larry??

Ata logo,
   Leandro Regueiro

2008/6/9 Miguel Solla bradomin en gmail.com: