2011/2/4 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >> -Dádevos de alta no Pootle e no web para que vos poida asignar >> traducións, ficheiros, tarefas, etc > O Pootle atopeino[1] (non foi difícil) e estoume dando de alta. Respecto do > web, vin o da fundación[2] e o do LibO[3], pero non vexo nada relativo a > rexistrarse nas portadas, e non sei onde dis de rexistrarse. > >> -Cómpre xente que faga cousas (web, wiki, artigos, traducións) ... se >> é posible ide dicindo algo e en función diso falamos de prioridades. > > Oficialmente non fago nada, pero procurarei pasado febreiro ir avanzando a > tradución do wiki (lentamente) e procurando que as páxinas xa traducidas se > manteñan ao día (grazas ás notificacións por correo electrónico).
O wiki ten que pasar a ser prioridade, máis que o web. Explico en breve: Para construír o web, hai que poñerse de acordo na estrutura e contidos dentro do equipo, porque cada Proxecto NL vai ter a súa propia e dependerá moito das circunstancias de cada un deles. O obxectivo no web debe ser a claridade para os usuarios. Concíbese cun obxectivo de ferramenta de márquetin da suite (de aí a importancia do deseño, imaxe de marca, gráficos, chucherías, etc.). Por outra parte, se cambia de sistema de CMS, pois seguramente cambiarán os requisitos, a estrutura, etc. Así que non é moi prudente descansar aspectos críticos sobre o que hai. Polo contrario, o wiki si que vai ser o que hai, así que o lóxico será centrarse en verter contidos nel. Ademais é unha ferramenta máis que coñecida (haberá que seguir directrices de estrutura por razóns de cohesión e navegación). En resumo, que deberemos estar un pouco todos colaborando nel, coa túa mestría no tema como guía, non? :-) > >> P.S LibO non vai cambiar de CMS (de SilverStripe a Drupal, ou o que >> sexa) ata dentro de 6 meses como mínimo segundo un anuncio de Charles >> Shulz do Comité Executivo (SC). > > Ben, iso quererá dicir probablemente que o desenvolverán xa coa versión 7 de > Drupal. Promete :) Promete ser un desastre para o galego se non hai quen poña ao rego o grupo de localización do Drupal :-) > > ---- > [1] http://translations.documentfoundation.org/ > [2] http://www.documentfoundation.org/ > [3] http://www.libreoffice.org/ > > -- > Correo a [email protected] para saber como desubscribirse > O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ > As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar > > -- Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
