2011/2/4 Miguel Bouzada <[email protected]>:
> Editei en Pootle algunhas liñas (moi poucas) sen iniciar sesión (nobody) e
> permitiume modificar e elevar a definitivas as cadeas, incluso as
> modificacións ás xa esxistentes :-( non é un chisco arriscado ?

Acabo de modificar os permisos a nobody e a darche permisos como membro.

nobody agora só pode facer suxestións. Non contaba con que ese usuario
puidese facer modificacións definitivas porque tiña prohibido
sobreescribir traducións (ao enviar ficheiros).

De momento es o único que está no grupo galego do Pootle como usurio
estándar. Os permisos dun usuario estándar do equipo son:

- ver e descargar ficheiros
- facer suxestións
- enviar tradución (acabo de aprender que non é o mesmo que "enviar ficheiro")

Non pode
- administrar o proxecto
- remitir ao control de versións (git)
- sobreescribir traducións ao cargar ficheiros
- revisar traducións


>
> 2011/2/4 Miguel Bouzada <[email protected]>
>
>> Xa me rexistrei no Pootle (informo... o correo de verificación ven remitido
>> por "hotmaster" e gmail méteo en spam, así que estade atentos)

hotmaster? así mal escrito?

Grazas polo aviso Miguel



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a