Creei conta no Pootle e ata enviei 9 suxestións e unha ou dúas traducións.

Non me apunto nos temas do wiki e tal porque non creo que poida achegar moito.

Deica

2011/2/4 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>:
> On Friday 04 February 2011 20:51:24 Anton Meixome wrote:
>> Onde ves o galego aquí?
>>
>> https://wiki.documentfoundation.org/index.php?title=Special:UserLogin
>
> Imaxino que xa avisarías ou vas avisar. Imaxino que o quitarían por motivos de
> espazo, pero deberían probablemente empregar un menú despregable ou similar en
> vez de a lista “a machete”.
>
>> > O único que vexo en inglés é o menú. Ese non está internacionalizado, e
>> > facelo sería relativamente doado, pero non teño os permisos. De mala
>> > maneira podería facerse así[1], pero partindo da idea dese código
>> > seguro que un experto en Mediawiki pode adaptalo para perfeccionar o
>> > seu funcionamento (adaptalo á lingua escollida polo usuario e non á do
>> > contido que está a ler).
>>
>> Boa achega, fóra da miña competencia.
>> Sería cuestión de identificar ao responsable do wiki e mandarlle iso.
>
> Vou ver se o atopo, ou se lle podo colgar a outro o asunto.
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a