Actualización da información 2011/2/4 Anton Meixome <[email protected]>: > No Pootle de LibreOffice xa hai bastante traballo para facer, desde > que hai uns días cargaron bastantes cadeas específicas LibO > > https://translations.documentfoundation.org/gl/
Por favor, dádevos de alta, como Miguel, para que vos poida asignar rol e poidades colaborar como membros do equipo galego do Pootle > > Entra dentro do probable que LIbO libere unha nova versión 3.3.1 a > mediados deste mes. > > Á parte disto, no website, proxecto galego tamén hai traballo > pendente. Desde hai 2 meses que se comezou a crear o sistema a cousa > cambiou moito > > gl.libreoffice.org Para darse de alta no web, acaban de dicirme que hai que ir aqui https://www.libreoffice.org/ForumMemberProfile/register Unha vez dados de alta, comunicádemo nesta lista, para que poida solicitar aí mesmo que vos asignen rol no equipo galego. Teñen que facelo eles. Por certo, intentade publicar algo así como unha presentación nese "foro" a ver como vai. Supoño que o wiki non ten problemas https://wiki.documentfoundation.org/index.php?title=Special:UserLogin&uselang=en&returnto=Main_Page%2Ffr - por certo, non sei por que non aparece o galego, entre os idiomas, cando si que está localizado o wiki - Respecto do blog, aquí mesmo http://blog.libreoffice.gl/spip.php?page=login > > No website hai un problema que estou esperando a ver se me responden > como se soluciona. A páxina de descargas, especialmente, pero tamén > calquera outra debería ser tradución da versión inglesa (ben, é unha > opción) pero o problema é que non se pode tomar unha páxina inglesa e > traducila e hai cousas que non se poden facer a pelo, como o sistema > de selección automática da descarga apropiada. Xa está solucionado, a páxina de descargas do sitio galego funciona como todas as demais. > > Tamén publiquei un artigo no blog explicando como se instala a versión > estable en Windows, que é diferente a como se instala OpenOffice > http://blog.libreoffice.gl/libo-libreoffice/article/instalar-libreoffice-3-3-en-galego > > Aínda están pendentes as correccións que chegaron pero creo que son > todas para facer no Pootle de OpenOffice > > Así que, propoño > > -Dádevos de alta no Pootle e no web para que vos poida asignar > traducións, ficheiros, tarefas, etc > -Comentade os erros de tradución e solucións > -Cómpre xente que faga cousas (web, wiki, artigos, traducións) ... se > é posible ide dicindo algo e en función diso falamos de prioridades. > > Un saúdo, > > Antón > > P.S LibO non vai cambiar de CMS (de SilverStripe a Drupal, ou o que > sexa) ata dentro de 6 meses como mínimo segundo un anuncio de Charles > Shulz do Comité Executivo (SC). > > -- > Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite > Galician community OOo.org & LibO > http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl > -- Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
