2011/2/4 Anton Meixome <meix...@certima.net>

> Actualización da información
>
> 2011/2/4 Anton Meixome <meix...@certima.net>:
> > No Pootle de LibreOffice xa hai bastante traballo para facer, desde
> > que hai uns días cargaron bastantes cadeas específicas LibO
> >
> > https://translations.documentfoundation.org/gl/
>
> Por favor, dádevos de alta, como Miguel, para que vos poida asignar
> rol e poidades colaborar como membros do equipo galego do Pootle
>
>
> >
> > Entra dentro do probable que LIbO libere unha nova versión 3.3.1 a
> > mediados deste mes.
> >
> > Á parte disto, no website, proxecto galego tamén hai traballo
> > pendente. Desde hai 2 meses que se comezou a crear o sistema a cousa
> > cambiou moito
> >
> > gl.libreoffice.org
>
> Para darse de alta no web, acaban de dicirme que  hai que ir aqui
>
> https://www.libreoffice.org/ForumMemberProfile/register
>
> Unha vez dados de alta, comunicádemo nesta lista, para que poida
> solicitar aí mesmo que vos asignen rol no equipo galego. Teñen que
> facelo eles. Por certo, intentade publicar algo así como unha
> presentación nese "foro" a ver como vai.
>
> Supoño que o wiki non ten problemas
>
> https://wiki.documentfoundation.org/index.php?title=Special:UserLogin&uselang=en&returnto=Main_Page%2Ffr
>
> - por certo, non sei por que non aparece o galego, entre os idiomas,
> cando si que está localizado o wiki -
>
> Respecto do blog, aquí mesmo
>
> http://blog.libreoffice.gl/spip.php?page=login
>
> Aí podemos facer o acceso, mais non o rexistro, o rexistro que hai a
dereita é só para os foros :-)

>
> >
> > No website hai un problema que estou esperando a ver se me responden
> > como se soluciona. A páxina de descargas, especialmente, pero tamén
> > calquera outra debería ser tradución da versión inglesa (ben, é unha
> > opción) pero o problema é que non se pode tomar unha páxina inglesa e
> > traducila e hai cousas que non se poden facer a pelo, como o sistema
> > de selección automática da descarga apropiada.
>
> Xa está solucionado, a páxina de descargas do sitio galego funciona
> como todas as demais.
>
> >
> > Tamén publiquei un artigo no blog explicando como se instala a versión
> > estable en Windows, que é diferente a como se instala OpenOffice
> >
> http://blog.libreoffice.gl/libo-libreoffice/article/instalar-libreoffice-3-3-en-galego
> >
> > Aínda están pendentes as correccións que chegaron pero creo que son
> > todas para facer no Pootle de OpenOffice
> >
> > Así que, propoño
> >
> > -Dádevos de alta no Pootle e no web para que vos poida asignar
> > traducións, ficheiros, tarefas, etc
> > -Comentade os erros de tradución e solucións
> > -Cómpre xente que faga cousas (web, wiki, artigos, traducións) ... se
> > é posible ide dicindo algo e en función diso falamos de prioridades.
> >
> > Un saúdo,
> >
> > Antón
> >
> > P.S LibO non vai cambiar de CMS (de SilverStripe a Drupal, ou o que
> > sexa) ata dentro de 6 meses como mínimo segundo un anuncio de Charles
> > Shulz do Comité Executivo (SC).
> >
> > --
> > Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
> > Galician community OOo.org & LibO
> > http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
> >
>
>
>
> --
> Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
> Galician community OOo.org & LibO
> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
>
> --
> Correo a 
> discuss+h...@gl.libreoffice.org<discuss%2bh...@gl.libreoffice.org>para saber 
> como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en
> http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
> borrar
>
>

-- 
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a