Agora que acaba de saír a 4.3.3 Aí atrás, bastantes meses a verdade, comentei a oferta da Document Foundation para abrir unha instancia a varios idiomas nas comunidades que estivesen interesadas.
Naquel momento eu considerei que non nos conviña en galego e por iso deleguei en quen quixese levalo adiante que fixese as xestións e se encargase. As miñas razóns eran polo seguinte - Necesitábamos xente para xestionar ese servizo, e xa hai pouca para o labor fundamental do NL que é manter e avanzar na tradución de recursos do proxecto. - O software que utiliza LibreOffice é o Askbot, que non estaba traducido ao galego - Non vía eu funcional por falta de masa crítica un servizo de preguntas e respostas só en galego para LibreOffice. Baseábame para iso na miña experiencia e intuición (os foros de mancomún, trasno, ciberirmandade e outros que foron aparecendo/desaparecendo). É dicir non compensa. Como tampouco compensa en ningún outro proxecto (Ubuntu, Google, etc) Xa nese momento se vía que o único que podía ter sentido era un sitio onde estivese todo e que puidese ser compartido por todas as comunidades e todo tipo de participantes (usuarios, estudantes, profes, desenvolvedores, creativos, etc) A onde vou é que a OSL das universidades galegas acaba de abrir un servizo que pretende ser ese punto de unión e colaboración. Gustariame que se lle dese todo o apoio posible xa que non nace teledirixido a nada, está aberto non só á participación senón á propia administración e xestión da comunidade (meritocracia + apoio institucional). Por se alguén necesita aclaracións, fíxose o enorme esforzo de traducir o Askbot (en Transifex) que logo non funcionou, e levoume máis de un ano poñer o servizo este a andar pero agora eu xa son un simple membro máis, non estou na OSL, nin pretendo gobernar nada. Creo que a OSL é un excelente sitio para este servizo, xa que non depende de ningún poder político partidario directo, senón colexiado e nas universidades hai comunidade de usuarios e especialistas de sobra como para "alimentar" con preguntas e respostas interesantes o Preguntoiro. Moitos deles son tamén membros das comunidades de proxectos de software libre; nin está sometido a ningunha empresa nin aos avatares de ningunha asociación. A OSL pode pechar, claro, pero o Consorcio (CIXUG) non o creo ou sempre se podería pedir a continuación na infraestrutura, sobre todo se ten usuarios abondo e utilidade. No que a esta comunidade atinxe anímovos a participar e pídovos o voso parecer sobre consideralo "sitio oficial" preferente de consultas de usuarios para LibreOffice e poñelo así no web do equipo galego (sen eliminar a lista de users, claro). Eu creo que os usuarios de software libre galegos e os galegofalantes sobre todo das xeracións máis novas prefiren estes sistemas máis visibles e rexeitan as listas de correo e sobre todo a eles debe ir enfocado un sitio de apoio. Tamén é un tema que nos quitamos de enriba as distintas comunidades de tradución. Aquí o sitio http://preguntoiro.cixug.es Opinións por favor? Apertas, Antón -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Galician community LibO & AOO -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
