Eses sitios funcionan mentres haxa usuarios. E non vexo problema en
telo alí por agora, sempre que despois se poidan recuperar os datos
para trasladalo en caso de que as institucións non vaian manter o
servizo.

Deica

O 31 outubro 2014 14:12, Anton Meixome <meix...@certima.net> escribiu:
> Agora que acaba de saír a 4.3.3
>
> Aí atrás, bastantes meses a verdade, comentei a oferta da Document
> Foundation para abrir unha instancia a varios idiomas nas comunidades
> que estivesen interesadas.
>
> Naquel momento eu considerei que non nos conviña en galego e por iso
> deleguei en quen quixese levalo adiante que fixese as xestións e se
> encargase. As miñas razóns eran polo seguinte
>
> - Necesitábamos xente para xestionar ese servizo, e xa hai pouca para
> o labor fundamental do NL que é manter e avanzar na tradución de
> recursos do proxecto.
> - O software que utiliza LibreOffice é o Askbot, que non estaba
> traducido ao galego
> - Non vía eu funcional por falta de masa crítica un servizo de
> preguntas e respostas só en galego para LibreOffice. Baseábame para
> iso na miña experiencia e intuición (os foros de mancomún, trasno,
> ciberirmandade e outros que foron aparecendo/desaparecendo). É dicir
> non compensa. Como tampouco compensa en ningún outro proxecto (Ubuntu,
> Google, etc)
>
> Xa nese momento se vía que o único que podía ter sentido era un sitio
> onde estivese todo e que puidese ser compartido por todas as
> comunidades e todo tipo de participantes (usuarios, estudantes,
> profes, desenvolvedores, creativos, etc)
>
> A onde vou é que a OSL das universidades galegas acaba de abrir un
> servizo que pretende ser ese punto de unión e colaboración. Gustariame
> que se lle dese todo o apoio posible xa que non nace teledirixido a
> nada, está aberto non só á participación senón á propia administración
> e xestión da comunidade (meritocracia  + apoio institucional).
>
> Por se alguén necesita aclaracións, fíxose o enorme esforzo de
> traducir o Askbot (en Transifex) que logo non funcionou, e levoume
> máis de un ano poñer o servizo este a andar pero agora eu xa son un
> simple membro máis, non estou na OSL, nin pretendo gobernar nada.
>
> Creo que a OSL é un excelente sitio para este servizo, xa que non
> depende de ningún poder político partidario directo, senón colexiado e
> nas universidades hai comunidade de usuarios e especialistas de sobra
> como para "alimentar" con preguntas e respostas interesantes o
> Preguntoiro. Moitos deles son tamén membros das comunidades de
> proxectos de software libre; nin está sometido a ningunha empresa nin
> aos avatares de ningunha asociación. A OSL pode pechar, claro, pero o
> Consorcio (CIXUG) non o creo ou sempre se podería pedir a continuación
> na infraestrutura, sobre todo se ten usuarios abondo e utilidade.
>
> No que a esta comunidade atinxe anímovos a participar e pídovos o voso
> parecer sobre consideralo "sitio oficial" preferente de consultas de
> usuarios para LibreOffice e poñelo así no web do equipo galego (sen
> eliminar a lista de users, claro). Eu creo que os usuarios de software
> libre galegos e os galegofalantes sobre todo das xeracións máis novas
> prefiren estes sistemas máis visibles e rexeitan as listas de correo e
> sobre todo a eles debe ir enfocado un sitio de apoio. Tamén é un tema
> que nos quitamos de enriba as distintas comunidades de tradución.
>
> Aquí o sitio
> http://preguntoiro.cixug.es
>
> Opinións por favor?
>
>
> Apertas,
>
> Antón
>
>
> --
> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
> Galician community LibO & AOO
>
> --
> Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

-- 
Correo a discuss+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a