2014-11-01 19:22 GMT+01:00 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Eses sitios funcionan mentres haxa usuarios. E non vexo problema en > telo alí por agora, sempre que despois se poidan recuperar os datos > para trasladalo en caso de que as institucións non vaian manter o > servizo.
Claro, totalmente de acordo. Supoño que para iso se creará a comunidade correspondente que o xestionará > > Deica > > O 31 outubro 2014 14:12, Anton Meixome <[email protected]> escribiu: >> Agora que acaba de saír a 4.3.3 >> >> Aí atrás, bastantes meses a verdade, comentei a oferta da Document >> Foundation para abrir unha instancia a varios idiomas nas comunidades >> que estivesen interesadas. >> >> Naquel momento eu considerei que non nos conviña en galego e por iso >> deleguei en quen quixese levalo adiante que fixese as xestións e se >> encargase. As miñas razóns eran polo seguinte >> >> - Necesitábamos xente para xestionar ese servizo, e xa hai pouca para >> o labor fundamental do NL que é manter e avanzar na tradución de >> recursos do proxecto. >> - O software que utiliza LibreOffice é o Askbot, que non estaba >> traducido ao galego >> - Non vía eu funcional por falta de masa crítica un servizo de >> preguntas e respostas só en galego para LibreOffice. Baseábame para >> iso na miña experiencia e intuición (os foros de mancomún, trasno, >> ciberirmandade e outros que foron aparecendo/desaparecendo). É dicir >> non compensa. Como tampouco compensa en ningún outro proxecto (Ubuntu, >> Google, etc) >> >> Xa nese momento se vía que o único que podía ter sentido era un sitio >> onde estivese todo e que puidese ser compartido por todas as >> comunidades e todo tipo de participantes (usuarios, estudantes, >> profes, desenvolvedores, creativos, etc) >> >> A onde vou é que a OSL das universidades galegas acaba de abrir un >> servizo que pretende ser ese punto de unión e colaboración. Gustariame >> que se lle dese todo o apoio posible xa que non nace teledirixido a >> nada, está aberto non só á participación senón á propia administración >> e xestión da comunidade (meritocracia + apoio institucional). >> >> Por se alguén necesita aclaracións, fíxose o enorme esforzo de >> traducir o Askbot (en Transifex) que logo non funcionou, e levoume >> máis de un ano poñer o servizo este a andar pero agora eu xa son un >> simple membro máis, non estou na OSL, nin pretendo gobernar nada. >> >> Creo que a OSL é un excelente sitio para este servizo, xa que non >> depende de ningún poder político partidario directo, senón colexiado e >> nas universidades hai comunidade de usuarios e especialistas de sobra >> como para "alimentar" con preguntas e respostas interesantes o >> Preguntoiro. Moitos deles son tamén membros das comunidades de >> proxectos de software libre; nin está sometido a ningunha empresa nin >> aos avatares de ningunha asociación. A OSL pode pechar, claro, pero o >> Consorcio (CIXUG) non o creo ou sempre se podería pedir a continuación >> na infraestrutura, sobre todo se ten usuarios abondo e utilidade. >> >> No que a esta comunidade atinxe anímovos a participar e pídovos o voso >> parecer sobre consideralo "sitio oficial" preferente de consultas de >> usuarios para LibreOffice e poñelo así no web do equipo galego (sen >> eliminar a lista de users, claro). Eu creo que os usuarios de software >> libre galegos e os galegofalantes sobre todo das xeracións máis novas >> prefiren estes sistemas máis visibles e rexeitan as listas de correo e >> sobre todo a eles debe ir enfocado un sitio de apoio. Tamén é un tema >> que nos quitamos de enriba as distintas comunidades de tradución. >> >> Aquí o sitio >> http://preguntoiro.cixug.es >> >> Opinións por favor? >> >> >> Apertas, >> >> Antón >> >> >> -- >> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination >> Galician community LibO & AOO >> >> -- >> Correo a [email protected] para saber como >> desubscribirse >> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ >> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán >> borrar -- Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination Galician community LibO & AOO -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
