suso escribiu:
> Boas,
>
> Ah, pois non vira esto. Polo que eu entendo, é unha proposta para cambiar 
> "colar" que é a opción que vimos empregando en Mancomún, por "pegar". Toca
> agora discutila; se a proposta obtén consenso, aplícase e fora.
>
> Quedo pendente,
>
>
>   
>> Boas Suso:
>> Molestia ningunha!
>> Agora aínda entendo menos, tendo en conta que Antón comentou respecto de 
>> pegar/colar:
>>
>>     
>>> Como xa se fai explícito no Manual, o algoritmo de decisión é unha
>>> ferramenta para facer máis obxectivas as decisións de elección
>>> terminolóxica. É un complemento ao noso criterio xeral de adecuación aos
>>> criterios da Normativa oficial do idioma que como sabedes son 4,
>>> xerárquicos, xunto con 3 "avisos".
>>>
>>> No caso que nos ocupa, houbo unha mala aplicación do algoritmo porque
>>> "pegar" e "colar" non son termos indiferentes en galego, non son sinónimos;
>>> non había debate no uso de "pegar" que era previo e pacífico. O uso de
>>> "colar" non foi xustificado, nin acompañado dunha mellora razoábel no
>>> estándar de localización galego-inglés.

Bueno, dicir que non foi unha elección xustificada non responde á 
realidade, pero supoño que ten sentido cando o di alguén que non estivo 
naqueles procesos.
Tal vez volver a falar de cousas das que se falaron e trataron porque 
alguén non estea de acordo, non ten moito sentido e é altamente 
improdutivo. 

Dado que o sistema de control de versións de localización comeza a 
fallar como se pronosticou no seu momento, sería moito máis útil para a 
comunidade comezar a determinar outras cuestións moito máis urxentes, 
senón simplemente o traballo feito ata o momento non terá servido de 
nada, e voltaremos ao inicio, unha comunidade dispersa e pouco produtiva 
e ese "algoritmo" non servirá absolutamente para nada.

Sexamos conscientes do que toca manter agora e organizar os grupos 
humanos, e tal como di Suso, para "devolver" a responsabilidade á 
comunidade tentando aplicar o "algoritmo" que se tentou definir nos 
G11n, preocupándonos máis de como imos artellar todo o proceso, que de 
si "colar" ou "pegar" son formas correctas ou non (onde quedan demasiado 
ao criterio persoal e subxectivo).


Saúdos.

Responderlle a