> Bueno, dicir que non foi unha elección xustificada non responde á
> realidade, pero supoño que ten sentido cando o di alguén que non estivo
> naqueles procesos.
>
> Tal vez volver a falar de cousas das que se falaron e trataron porque
> alguén non estea de acordo, non ten moito sentido e é altamente
> improdutivo.
>
> Dado que o sistema de control de versións de localización comeza a
> fallar como se pronosticou no seu momento, sería moito máis útil para a
> comunidade comezar a determinar outras cuestións moito máis urxentes,
> senón simplemente o traballo feito ata o momento non terá servido de
> nada, e voltaremos ao inicio, unha comunidade dispersa e pouco produtiva
> e ese "algoritmo" non servirá absolutamente para nada.
>
> Sexamos conscientes do que toca manter agora e organizar os grupos
> humanos, e tal como di Suso, para "devolver" a responsabilidade á
> comunidade tentando aplicar o "algoritmo" que se tentou definir nos
> G11n, preocupándonos máis de como imos artellar todo o proceso, que de
> si "colar" ou "pegar" son formas correctas ou non (onde quedan demasiado
> ao criterio persoal e subxectivo).

Eu vexo que se precisa un sistema web para discutir a terminoloxía e
onde todo quede rexistrado. Así as cousas quedarán fixadas dunha vez
por todas e se o sistema permite exportar a formatos que se poidan
utilizar (TBX) aínda será mellor. Unha vez obtido iso a cousa irá máis
rápido e será máis sinxelo aplicar o algoritmo.

Respecto ao de devolver os proxectos á comunidade, non é que andemos
sobrados de persoal...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a