Ola, Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o que estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que sexa clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis técnico. Encontrei, como verbo: ping the host > verificar o anfitrión ping subnet > contactar coa subrede ping local subnetwork > procurar na rede local No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non se especifica se é substantivo ou verbo. Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún momento, ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando se falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si e non tanto o comando que se usa. Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*, etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'? Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha desas formas galegas? Pensades que sería aceptado? Unha aperta, Manuel ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091012/68c3cb26/attachment-0001.htm