Boas:

Fran Diéguez escribiu:
> Ola,
> 
> Leandro Regueiro escribiu:
>> Intentarei responder a todo.
>>
>> O de "facer ping" é de uso moi corrente, de feito nunca escoitei
>> chamarlle doutro xeito. Para min que é onomatopeia, coma no xogo
>> "ping-pong". A veces cando usamos a mensaxería instantánea a primeira
>> mensaxe que envia a persoa que quere contactar é "ping" e a outra
>> responde con "pong".
> ping está o suficientemente estendido como para voltar a reformulalo.
> Ademáis que o seu uso é tan específico que non hai porqué cambialo. Os
> informáticos nunca din outra cousa que non sexa ping e un usuario de
> "pé" non ten porqué sabelo.
>> O de "petición de eco sería aceptable".
> non estou de acordo
>> "unpingable" na miña vida o vin. Cando o programa ping non consigue
>> contactar ca outra máquina entón di "unreachable" algo que por certo
>> non sei moi ven como traducir.
> non alcanzábel. De feito o comando ping o que envía son instrucións do
> protocolo ICMP que serve explicitamente para comprobar o alcance dun
> equipo a outro.
>>
>> Respecto de "command", habia moitas razóns en contra, como que non
>> aparecia en ningún dicionario, que non tiña ese significado, etc. Si,
>> creo que "comando" é maioritaria, estatísticas embaixo. Pero resulta
>> que aparece no digalego con este significado
>> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=16324
> 
> Coido que se discutiu suficiente nesta rolda como para voltar de novo
> con este termo. O interesado que busque nos históricos
Na miña opinión é o mesmo caso (o de command) que o de edit con 
significado de modificar. Que por falso amigo comezouselle a chamar 
editar a modificar. Se non me erro editar en galego ven a ser publicar 
mais non modificar. Agora o digalego se non me erro tamen recolle este 
significado como INFORM. Preparar datos para operacións posteriores.
Visto isto para este significado emprego Edit-> modificar

> 
> Saúdos

Responderlle a