Manuel Souto Pico escribiu:
> Grazas, Miguel. 
>
> 2009/10/12 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com <mailto:mbouzada en 
> gmail.com>>
>
>
>
>     2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com
>     <mailto:m.soutopico en gmail.com>>
>
>         Ola, 
>
>         Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de
>         segmentos con 'ping' no inglés, tanto como verbo como como
>         substantivo, vexo que a maioría das veces está traducido como
>         'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar o comando ping a
>         unha máquina', mais non é representativo.
>
>         Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra
>         'ping', que é o que estou procurando: unha maneira alternativa
>         de traducir este termo que sexa clara para o usuario leigo e
>         aceptábel para persoas cun perfil máis técnico. Encontrei,
>         como verbo: 
>
>         ping the host > verificar o anfitrión
>         ping subnet > contactar coa subrede
>         ping local subnetwork > procurar na rede local
>
>         No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping >
>         ping' pero non se especifica se é substantivo ou verbo.
>
>         Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado
>         nalgún momento, ou é un uso corrente que fan os informáticos
>         (supoño que si), ou é algo improvisado. De todas as formas,
>         mesmo se é un uso corrente por parte de informáticos, talvez
>         conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando se falar
>         de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un
>         uso máis formal en que o importante talvez sexa o significado
>         da operación en si e non tanto o comando que se usa.
>

Certamente non me consta que se teña estudado o termo e os seus usos. 
Neste caso déixome levar, se cadra por ser unha acción tan ínfima que 
nunca vin necesarias maiores precisións. Eu tamén uso "facer ping" e 
mesmo me chama atención que non teña derivado en "pingar" porque é o 
mesmo caso que *bootear, deletear, etc a acción dunha orde que se da nun 
computador cunha palabra en inglés.

Se cadra si que cómpre ter en conta que non é exacto dicir que ping sexa 
obter un eco, xa que un eco é tamén unha resposta a unha orde diferente 
(echo)

>         Parécevos que algunha das traducións expostas (/verificar/,
>         /contactar/, etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o
>         que fai o comando 'ping'? Se si, parécevos posíbel e/ou
>         desexábel traducir este termo con algunha desas formas
>         galegas? Pensades que sería aceptado?
>
>
>         Unha aperta, Manuel
>
>
>     Eu xuraría que quen pariu a orde "ping" o que fixo foi empregar
>     unma onomatopeia...
>
>     Unha orde "ping" o que pretende e obter un eco como resposta, as
>     características (ou a ausencia) dese eco é a resultante desa orde
>     e os datos que fornece ese eco é o que se vai a procesar para
>     obter unha verificación (de presencia na rede) dun anfitrión ou da
>     confirmación dunha conexión cunha subrede, etc...
>
>     De ser preciso traducilo eu traduciriao por algo como "petición de
>     eco", "petición de resposta" ... pero creo que a sinxeleza,
>     concreción e o feito de que "ping" estea xa tan arraigado faino
>     innecesario.
>
Pode ser unha boa proposta, si. Contactar non me gusta polo que ten de 
comunicación persoal pero probar, pedir, comprobar ou verificar... xa se 
ve que é algo para o que non temos unha solución exacta.
>
>
>     Neste momento, falemos con quen falemos, novel ou administrador de
>     redes, a orde para facer un "ping" non ten dúbidas
>
>
> Vale. A tradición pesa e a brevidade do inglés é práctica.
>
>
>     NOTA:
>     Levo días a corrixindo por todolos lados o termo "comando" e
>     substituindoo, xa que creo que tódolos comandos, neste momento,
>     están en afganistan cabreados.
>
>
> Tes bastante traballo, logo. Falárase deste termo hai meses e creo que 
> non chegáramos a ningunha conclusión. Nos glosarios de Mancomún e 
> Trasno en liña segue "comando" como forma recomendada e nos corpus 
> (Logaliza, Open-tran, etc.) os resultados son esmagadores a favor do 
> "comando", así que esa é o termo que eu uso cando traduzo e cando reviso.
>
> De novo, que se lles chame comandos aos continxentes en Afganistán non 
> impide que outras cousas poidan ter o mesmo nome. Negar iso é negar a 
> homonimia, que é inherente á linguaxe. Ademais, é outro campo de 
> coñecemento que non ten nada que ver.
>
> Apertas, Manuel
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a