Suso Baleato escrebeu: > Minhoca escrebeu: > > Suso Baleato escribiu: > > > > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade > aos > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n. > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen > queira, > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxÃstica...) pero non pode vir, > que > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda. >
Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais fructÃfera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu. Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquà para consideración xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admÃtense ofrecementos de local, a ser posibel con aparcadoiro fácil). NATUREZA -------- Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha federación de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crÃtica para iso, máxime cando Trasno está en pleno proceso constituÃnte, e máis se cabe cando a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta complicado facer cousas conxuntamente. Por tanto non se tratarÃa de crear unha nova persona xurÃdica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas fÃsicas e xurÃdicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres cada quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións existentes, como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e demais axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido identifÃcanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do software. Todo o que veña a maiores, benvido sexa. NOME ---- HabÃa varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O motivo é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican claramente, está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñerÃamos de nomes de dominio e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á comunidade con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2 idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa lÃngua son os que vemos como máis crÃticos. RECURSOS -------- Os recursos dos que dispoñemos son: - Servidor adicado: serÃa un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade, con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso comezando polo mÃnimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o lÃmite que a asociación poida costear por suscripción popular. TratarÃase dun servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterÃan en funcionamento pero que serÃa configurado en función das necesidades definidas pola comunidade. Neste servidor terÃan cabida as copias de seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico, glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este servidor ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control, scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total independencia. - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as traducións, unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que serÃa trasladada aquÃ) e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o proceso de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que era vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidÃn asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste servidor pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, xunto cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os dous próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este tempo decidirÃamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para ese dÃa inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e xa non facemos falta.) ALCANCE ------- Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún (observación, formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) e contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar. E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza- e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de localización. Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñerÃa software que son as que mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no servidor adicado para que o personal que aÃnda queda no CESGA poida programar unha copia de seguranza, que quedarÃa accesÃbel para que no futuro poida reutilizarse o material evitando que se perda. Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un problema crÃtico. O problema crÃtico é que desapareza a rolda g11n antes de que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación -e o proceso de desinstitucionalización- quedarÃa interrompida, e por eso acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos atraer o interese de xente próxima ao tema da lÃngua. Pénsase que o sistema de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo esto haberÃa que ilo concretando, e disporÃamos do servidor adicado para hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente haberÃa que poñer en marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que montar e aÃnda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irÃan sendo definidos pola comunidade. Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o sitio xa avisamos. [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto cousas como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron abortadas polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sà que serÃa posibel mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a levar a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as miñas iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas. [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do g11n. > Saúdos e veña que vamos, > > > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta > > > para > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara > > > ao > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o > > > resto > > > irá chegando de forma natural. > > > > > > > Adiante. > > > > -- > > --- > > Saúde. > > ...................................................................... > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. > > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora > > http://www.ciberirmandade.org > > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede > > ...................................................................... > > > > _______________________________________________ > > G11n mailing list > > G11n en mancomun.org > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > > -- > http://susinho.pagina.de/ > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n -- http://susinho.pagina.de/ ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : gant_g11n.png Tipo : image/png Tamaño : 115857 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091013/c22e838b/attachment-0001.png