Olá, 

Quería aclarar este punto, o da "politización" porque penso que se explicou 
insuficientemente/entendeu mal. 

Os debates internos sobre de formar asociación en Trasno remóntanse ben 
probablemente ó primeiro g11n ou pouco despois. Dende daquela valoramos varias 
formulas, incluídas o de nos acoller formalmente no seo das CIF. Así volo 
fixemos saber e agradecemos o voso excelso tratamento e disposición a nos 
escoitar. 

Pero ó miolo, finalmente decantámonos por non optar por esa opción. En mente 
tiñamos que trasno tiña unha idiosincrasia propia; que o único que debía 
centrar a trasno era a localización, porque é unha misión moi específica pero 
a vez densa abondo (hai moito traballo por diante na materia) e que debía 
poder integrar a xente de tódalas tendencias políticas/lingüísticas. Eu fun 
dos que opinaba que _non_ nos debiamos integrar en CIF, e era polo seguinte:

- formar unha asociación é factible: xa eramos un grupo, o paso lóxico é 
oficializalo
- os obxectivos das CIF son máis amplos cós de trasno e opino que trasno 
deberíase focalizarse como organización
- o factor máis "frontista" de CIF (e ollo, non digo que sexa nada "malo"), 
opino, non beneficiaria a trasno á hora de recrutar xente (xente "reacia" a 
posturas que se poden entender como máis políticas ca culturais). Poño como 
exemplo en [*] algunha nova que enlazades que a _algunha_ xente podería botar 
cara a atrás á hora de colaborar. Non falo de min persoalmente.

Para min os obxectivos das CIF son loables, compártoos ó 99% e desexo que 
sigades na rede dando caña 1000 primaveras máis penso que se necesita un grupo 
adicado á l10n en exclusiva, unicamente cultural e que aspire a ser referencia 
para todos os galegofalantes (falo de aceptación dun estándar léxico 
informático que a xente recoñeza e acepte, por exemplo).



[*] 
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1047:recebimento-
nacional-aos-ex-presos-independentistas-santiago-vigo-e-jose-manuel-sanches-o-
sabado-17&catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuarias&Itemid=130

Responderlle a